Anna Lisbeth Christina Palme, nada Beck-Friis en Estocolmo o 14 de marzo de 1931 e finada na mesma cidade o 18 de outubro de 2018 , foi unha psicóloga infantil sueca, presidenta da UNICEF (1990-1991) e muller do primeiro ministro, Olof Palme dende 1956 ata a súa morte en 1986.

Traxectoria

Procedía dunha familia da nobreza sueca, os Beck-Friis. Seu pai era o enxeñeiro civil Christian Beck-Friis e súa nai Anna-Lisa, de solteira Bollíng. Tras rematar os seus estudos na Nya Elementarskolan för flickor en 1950 cursou estudos na Universidade de Estocolmo ata licenciarse en 1955. Ao ano seguinte casou co político Olof Palme o 9 de xuño de 1956, que se converteu en primeiro ministro sueco, primeiro entre 1969 e 1976 e de novo de 1982 a 1986., con quen tivo tres fillos: Joakim, Mårten e Mattias.

Lisbeth Palme traballou como psicóloga infantil, durante un tempo para o Consello do Condado de Estocolmo e despois na Administración social de Estocolmo. Foi presidenta do Comité da UNICEF sueca entre 1987 e 1999 e presidenta internacional de UNICEF de 1990 a 1991. Entre outras tarefas internacionais, foi membro do Comité das Nacións Unidas para os Dereitos do Neno en 1998 e formou parte do comité da Unión Africana que investigou o xenocidio de Ruanda e que presentou as súas conclusións no ano 2000. Lisbeth Palme tamén estivo implicada na expansión dos xardíns de infancia suecos.

No asasinato de Olof Palme en 1986, Lisbeth Palme foi a testemuña do asasinato, o 28 de febreiro de 1986, do seu marido máis próxima e durante unha dilixencia de recoñecemento, sinalou que fora Christer Pettersson o asasino. Mais, segundo un detective presente, tamén comentou que era evidente que Pettersson era alcólico o que se podería interpretar que xa se informarara previamente e sabía que esa persoa tiña problemas co alcol mais as drogas o que se consideraba que deterioraba a credibilidade do seu testemuño. Ao longo dos anos, diversos expertos, apuntaron a posibilidade que Lisbeth identificara o home errado.

Notas

Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Activistas de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo