A expresión masa crítica pode facer referencia: En física, á Masa crítica é a cantidade de material fisionable necesaria para que unha reacción nuclear en cadea poida automanterse. En astronomía, á Masa crítica, ou Masa de Jeans, é a condición na cal unha nube de hidróxeno, helio e po comeza a contraerse para formar unha protostrela. En socioloxía, a Masa crítica e o valor límite de número de persoas necesario para desencadear un determinado fenómeno por intercambio de ideas. En informática, a Masa crítica é un estadio no ciclo de vida do software. En ciclismo, á Masa crítica é un movemento social que, por medio de ocupacións ciclistas do espazo público, reclaman a mellora das condicións do transporte en bicicleta. Massa critica (Critical Mass) é o título dun relato de ciencia ficción de Arthur C. Clarke, contido na antoloxía Contos da taberna do Cervo Branco, de 1957.