miniatura|240px|Kermes ilicis miniatura|240px|Kermes quercus Kermes é un xénero de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos,Kermes no ITIS. que é o tipo da familia dos quermésidos (cochinillas).

Taonomía Descrición O xénero foi descrito en 1798 polo entomólogo francás Pierre André Latreille.

Etimoloxía O nome Kermes procede do árabe persa qirmiz, "carmesí", e este do sánscrito krimiga, "producido por insectos", de krmi, "verme, insecto".carmine no Online Etymology Dictionary. Consultado o 12 de xuño de 2012.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñecuese tamén polos sinónimos: Dryocecis Amyot, 1848 Kermes Boitard, 1828 Kermococcus Silvestri, 1911 Kermesococcus Cromartie, 1959 Talla von Heyden, 1860

Especies Recoñécense no xénero unhas 20 especies, entre elas: Kermes bacciformis Leonardi, 1908 Kermes corticalis (Nassonov, 1908) Kermes echinatus Balachowsky, 1953 Kermes gibbosus Signoret, 1875 Kermes ilicis (Linnaeus, 1758) Kermes quercus (Linnaeus, 1758) Kermes roboris (Fourcroy, 1785) Kermes vermilio Planchon, 1864

O Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade, recoñece 18, e ScaleNet, 65.Kermes Boitard, 1828 en ScaleNet.info.

Nota taxonómica Non todos os autores admiten a autoría do xénero por parte de Latreille, e adxudícanlla a Pierre Boitard en 1828, admitíndo, porén ambos os sinónimos. A razón é que opinan que o uso que Latreille, en 1798, lle dá ao nome Kermes, presentándoo como un nome común de grupo, o que non invalida o seu uso posterior por Boitard, en 1828, nun sentido mái técnico.

Características Todas as especies de Kermes comparten os seguintes trazos anatómicos nas femias adultas:Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2014): "A taxonomic revision of the Kermesidae (Hemiptera: Coccoidea) in Israel, with a description of a new species". Zootaxa 3781 (1): 1-99 Presenza dunha banda submarxinal de conduto tubulares no ventre. Poros multiloculares ventralmente nos segmentos abdominais Un labio de tres segmentos con 14 setas sedas.

Rstudis recentes suxiren que moitas especies incluídas actualmente no xénero Kermes teñen unha morfoloxía moi variada, o que dificulta o diagnóstico xenérico, polo que é necesario realizar máis trablljos, en particular sobre as femias postreprodutoras.

Bioloxía A maioría destes insectos son parasitos das árbores do xénero Quercus, aliméntanse do seu zume. Os individuos desenvólvense principalmente en fendas de casca e en pequenas poliñas.(Ben-Dov, Y. et al. (2012): "Scale insect (Hemiptera: Coccoidea) species on pine trees of Turkey". Turkish Journal of Zoology 36 (5):623-636. ·

As femias producen un pigmento vermello, chamado quermes, que é a fonte natural do colorante carmesí.Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant

Historia Na época romana o médico Dioscórides escribiu que o mellor carmesí proviña do quermes das provincias de Galacia e Armenia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Quermésidos Carmín Carmesí

Ligazóns externas Claire Giry-Lozinguez (17 de outubro de 1995): Dominique Cardon... , en Libération . Consultada o 13 de xuño de 2020.

Categoría:Sternorrhyncha