Neutral Milk Hotel foi unha banda estadounidense de indie rock formada polo vocalista, guitarrista e compositor Jeff Mangum en 1989 en Ruston, Louisiana. A música da banda tiña a propósito un son de baixa calidade, influenciado polo indie rock e o folk psicodélico. Mangum escribiu letras surrealistas e opacas que abarcaban unha ampla gama de temas, incluíndo o amor, a espiritualidade, a nostalxia, o sexo e a soidade. El e os outros membros da banda tocaban unha variedade de instrumentos que incluían instrumentos non tradicionais no rock como a serra musical e a gaita irlandesa.

Neutral Milk Hotel naceu como un dos proxectos de gravación caseira de Magnum. Tras graduarse no instituto, Magnum viviu como vagamundo e de cando en vez publicaba música. En 1996 traballou co seu amigo da infancia Robert Schneider para gravar o álbum On Avery Island, que tivo modestas críticas e vendeu unhas 5 000 copias. Magnum recrutou aos músicos Julian Koster, Jeremy Barnes e Scott Spillane para o segundo álbum da banda, In the Aeroplane Over the Sea. O seu lanzamento de 1998 recibiu críticas na súa maioría positivas, pero non eloxiosas.

Cando saíu de xira a popularidade do grupo medrou a través da súa exposición en Internet. Isto afectou negativamente a Magnum, cuxa saúde mental comezou a deteriorarse. Este non quixo continuar xirando e Neutral Milk Hotel entrou un hiato pouco despois. Durante a pausa, a banda gañou seguidores de culto e a valoración de In the Aeroplane Over the Sea aumentou enormemente. Varios medios musicais, como Pitchfork e Blender, dixeron que In the Aeroplane Over the Sea era un álbum de referencia para o indie rock e un dos mellores discos da década de 1990. Moitos grupos de indie rock como Arcade Fire e The Decemberists foron influenciados pola música ecléctica e as letras serias de Neutral Milk Hotel. O grupo reuniuse en 2013 e realizou unha xira antes doutro parón en 2015.

Historia

Primeiros anos Neutral Milk Hote orixinouse en Ruston, Louisiana, a finais dos anos 80 como un proxecto de gravación en casa do músico Jeff Mangum. Chamado inicialmente Milk, Magnum fixo as gravacións mentres aínda estaba no instituto. As primeiras gravacións de MIlk, como Invent Yourself a Shortcake e Beauty, foron compartidas entre Magnum e os seus amigos Robert Schneider, Bill Doss e Will Cullen Hart.Clair 2022, capítulo 3; Cooper 2005, p. 9 Os catro amigos marcaron estas cintas de casete caseiras cun selo discográfico imaxinario, Elephant 6, que finalmente se converteu nun colectivo musical. Cando Mangum soubo doutra banda chamada Milk, cambiou o nome do proxecto a Neutral Milk Hotel, baseándose nun nome que suxeriu Hart.Clair 2022, capítulo 7; Cooper 2005, p. 9

Tras graduarse do instituto, Magnum asistiu á Louisiana Tech University, pero acabou abandonando os estudos.Clair 2022, capítulo 3 Trasladouse a Athens, Xeorxia, e tocou nunha banda chamada Synthetic Flying Machine con Doss e Hart, pero deixouna pouco tempo despois da súa formación.Clair 2022, capítulo 7 Despois volveuse vagabundo e viviu en cidades como Denver, Os Ánxeles e Seattle.Ballance, Cook e McCaughan 2009, p. 95 Durante ese período gravou música ocasionalmente, incluído un álbum demo en 1993 chamado Hype City Soundtrack. Schneider di que Hype City Soundtrack foi unha reacción a o que Magnum cría que era a comercialización desenfreada da música nas grandes cidades. Mentres vivía en Seattle Magnum superou a súa aprensión pola industria musical e lanzou a canción "Everything Is" a través do selo Cher Doll Records.Ballance, Cook e McCaughan 2009, p. 96 A exposición do tema convenceu a Magnum para gravar máis música baixo o nome de Neutral Milk Hotel.McMullen, Phil (setembro de 1996). "Neutral Milk Hotel". Ptolemaic Terrascope Segundo Magnum; " O sinxelo foi unha bendición porque estaba practicamente ao final da miña paciencia con case todo na miña vida nese momento... Acabei enviando unha cinta a [Nancy Ostrander] en Cher Doll Records e salvoume só dicindo que quería facer un sinxelo".

Nese momento, Mangum tamén era baixista de The Apples in Stereo, unha banda que Schneider formou mentres vivía en Denver. Os membros do grupo querían fichar por SpinART Records e reuníronse co seu representante legal, Brian McPherson, nos Ánxeles.Ballance, Cook & McCaughan 2009, p. 97 McPherson sentíuse atraído por Mangum, que levaba unha camiseta de Shrimper Records. Despois de saber que Mangum escribira "Everything Is", unha canción que McPherson escoitara e gozara previamente, os dous chegaron a un acordo para que McPherson se convertese no representante de Neutral Milk Hotel. McPherson enviou copias de "Everything Is" e outra canción, "Ruby Bulbs", aos fundadores de Merge Records, Laura Ballance e Mac McCaughan. Aos dous gustoulles a música e engadiron a Neutral Milk Hotel ao seu cadro de artistas.

On Avery Island e expansión a cuarteto miniatura|Jeff Mangum actuando con Neutral Milk Hotel en 1997 Magnum trasladouse a Denver para gravar o primeiro álbum de Neutral Milk Hotel, On Avery Island. Schneider actuou como produtor e as sesións de gravación duraron de febreiro a maio de 1995. Aínda que Schneider estaba interesado nunha ampla produción ao estilo dos Beatles, aliñouse coa preferencia de Mangum por un son lo-fi, admitindo que "ao principio era frustrante, pero cheguei a gozar del. Así aprendín a producir, facendo ese disco, porque tiven que deixar ir totalmente o que pensaba que debía ser".Cooper 2005, p. 26 On Avery Island foi publicado nos Estados Unidos o 26 de marzo de 1996 a través de Merge Records, e no Reino Unido o 30 de setembro a través de Fire Records. Vendeu unhas 5 000 copias, sendo considerado un éxito por Merge.Cooper 2005, p. 37 O disco tivo recensións xeralmente positivas dos críticos, que definiron a música como pop lo-fi. Kurt Wolff do Houston Chronicle describiu escoitar a música como "unha experiencia alucinante", e finalmente cualificou o álbum como "un traballo fresco, emocionante e destacado". A publicación británica NME escribiu: "Neutral Milk Hotel pode converter unha introspección miserable como o pecado en mantras folclóricos que perforan o teu cranio como un trade eléctrico ben apuntado". On Avery Island foi acabou no número 35 na enquisa Pazz & Jop de The Village Voice de 1996.

Despois do lanzamento de On Avery Island, Magnum buscou a outros músicos para xirar.Ballance, Cook e McCaughan 2009, p. 98 Mentres vivía en Ruston fixérase amigo do músico de NovaYork Julian Koster. Intercambiaron cintas demo e Koster uniuse a Neutral Milk Hotel como baixista.Cooper 2005, p. 28 Nesa época Koster recibiu unha carta do batería de Chicago Jeremy Barnes, quen escribiu que non cumprira as expectativas que se propuxera.Cooper 2005, p. 29 Segundo Koster, "Jeremy escribiume esta carta realmente marabillosa, basicamente dicindo que estaba sendo levado a unha vida moi diferente da que creo que que debería vivir Jeremy Barnes... Creo que estaba a sentir que o seu destino estaba noutro lugar". A carta resoou en Koster e Mangum, e viaxaron a Chicago para coñecelo. Tras unha curta audición os dous persuadiron a Barnes para que deixase a DePaul University e se unise a eles. O último membro da banda chegou cando Mangum viaxaba a Nova York para vivir con Koster. Nunha parada en Austin, Texas, Mangum coñeceu ao ex músico de Ruston Scott Spillane, que traballaba nunha pizzería. Magnum axudou a facer pizzas durante a "borracheira" nocturna, e despois convenceu a Spillane a que se unise á banda.Cooper 2005, p. 31

Os membros da banda trasladáronse a Nova York e alí viviron e ensaiaron nunha casa da avoa de Koster. Koster animou aos seus compañeiros a que tocasen instrumentos fóra da súa zona de comfort.Cooper 2005, p. 33 Por exemplo, o batería Barnes aprendeu a tocar o acordeón, e Spillane aprendeu a tocar as partes de trompa de On Avery Island, practicando nunha trompa de dúas válvulas varias horas cada día.Cooper 2005, pp. 33-34 O 28 de abril de 1997 Neutral Milk Hotel comezou unha xira nacional durante a cal os seus membros aprenderon a tocar como unha unidade.Clair 2022, capítulo 11 A xira de On Avery Island xerou os cartos suficientes como para que os músicos se puidesen mudar a Athens, onde vivía un gran grupo de músicos de Elephant 6.Ballance, Cook e McCaughan 2009, p. 99 Na primavera de 1997, Mangum escribira e fixera demos de case todas as cancións para un segundo álbum. Compartiu as demos cos seus compañeiros de banda antes de que se mudaran a Denver para gravar o disco.Cooper 2005, p. 52

In the Aeroplane Over the Sea O segundo álbum de Neutral Milk Hotel, In the Aeroplane Over the Sea, foi producido por Schneider e gravouse de xullo a setembro de 1997. Schneider usou novas técnicas de gravación para caoturar as preferencias lo-fi de Magnum.Cooper 2005, pp. 56-57 A Mangum gustáballe ter unha capa de distorsión sobre a música, pero Schneider non utilizou equipos de efectos estándar como Big Muffs ou pedais de distorsión.Cooper 2005, pp. 57-58 No seu lugar, Schneider usou moita compresión e colocou un preamplificador de micro de válvulas Bellari RP-220 preto da guitarra de Magnum. A continuación, Schneider pasou o son a través dunha mesa de mesturas, e ampliouno nunha cinta de casete.Cooper 2005, p. 58 Este proceso realizouse para case todos os instrumentos utilizados en In the Aeroplane Over the Sea. Schneider afirmou que as non linealidades da distorsión do micrófono deron ao álbum a súa calidade "cálida" única.Cooper 2005, p. 57

In the Aeroplane Over the Sea foi publicado o 10 de febreiro de 1998. Merge publicou 5 500 copias en CD e 1 600 en vinilo, e esperaba que as vendas fosen semellantes ás de On Avery Island.Ballance, Cook e McCaughan 2009, p. 100 Estas proxeccións iniciais foron correctas, xa que o álbum vendeuse moderadamente ben durante os primeiros meses. As respostas dos críticos foron maioritariamente positivas, pero non laudatorias. Rob Brunner de Entertainment Weekly eloxiou a instrumentación única e as "melodías pop alegres", pero describiu algunhas das cancións como "picafollas acústicos sen vida". M. Christian McDermott de Pitchfork tamén eloxiou a música, á que chamou unha mestura de "Sgt. Pepper con lo-fi de principios dos 90" que lle pareceu "tan pegadiza como aterradora". Unha crítica máis negativa veu de Ben Ratliff de Rolling Stone, quen sentiu que a pesada capa de distorsión enmascaraba a ausencia de melodías decentes. CMJ New Music Monthly clasificou In the Aeroplane Over the Sea como o álbum número un de 1998,Anon. (January 1999). "CMJ's Top 30 Editorial Picks". CMJ New Music Monthly. Vol. 57, no. 601 e ocupou o décimo quinto lugar na enquisa Pazz & Jop dese mesmo ano.

Para promover o álbum a banda embarcouse nunha xira por América do Norte e Europa.Cooper 2005, p. 85-87 Os músicos John Fernandes e Will Westbrook incorporáronse como membros de xira e aprenderon a tocar as partes de trompa con Spillane. Durante a xira, Neutral Milk Hotel gañou a reputación de realizar concertos caóticos e esixentes fisicamente. O membro de Great Lakes Ben Crum recordou: "Definitivamente era perigoso. Moitas veces parecía haber unha posibilidade moi real de que alguén, probablemente Julian, saíse ferido. Jeff sempre estaba facendo cousas como collelo e lanzalo contra a batería".Cooper 2005, p. 84 Os membros da banda moitas veces non podían pagar aloxamento, e ás veces preguntaban á xente do público se podían pasar a noite na súa casa, sen entender que o propietario lles tiña realmente medo.Cooper 2005, pp. 84-85

Hiato e seguimento de culto