Kumārila Bhaṭṭa foi un filósofo hindú ou brahmánico e estudoso Mīmāṃsā indio que floreceu arredor do ano 700. É célebre por moitos dos seus traballos sobre o Mimamsa, como Mimamsaslokavarttika. Bhaṭṭa foi un devoto crente na validez suprema do mandato védico, un gran defensor do Pūrva-Mīmāṃsā e un ritualista confirmado.Sharma, páx. 5–6. O Varttika está escrito principalmente como un subcomentario sobre o comentario de Sabara sobre os Purva Mimamsa Sutras de Jaimini. Algúns estudosos clasifican a súa filosofía como reslismo existencial.Bhatt, páx. 6.
Os estudosos difiren sobre as opinións de Kumārila Bhaṭṭa sobre un Deus persoal. Por exemplo, Manikka Vachakar cría que Bhaṭṭa promovía un Deus persoalA History of Indian Philosophy por Surendranath Dasgupta. páx. 156. (saguna brahman), que entra en conflito coa escola Mīmāṃsā. En Varttika, Kumārila Bhaṭṭa chega lonxe ata discutir a teoría do Deus creadorBales, páx. 198. e mantén que as accións impostas no Veda tiveron resultados definitivos sen interferencia externa.
Kumārila tamén está considerado como o creador da formulación lóxica da crenza Mimamsa de que os Vedas non teñen autor (apauruṣeyā). En particular, destaca a súa defensa contra as posicións budistas medievais sobre os rituais védicos. Algúns pensan que isto contribuíu á decadencia do budismo na India,Sheridan, páx. 198-201 porque a súa vida coincide co período en que o budismo comezou a declinar. De feito, o seu éxito dialéctico contra os budistas está confirmado polo historiador budista Taranatha, que informa de que Kumārila venceu os discípulos de Buddhapalkita, Bhavya, Dharmadasa, Dignaga e outros.Arnold, p. 4. A súa obra influíu fortemente noutras escolas filosóficas indias,Bhatt, páx. 3. coas excepcións de que mentres a escola Mimamsa considera os Upanishads subordinados aos Vedas, a escola Vedanta non o cre.
Obras Shlokavartika ("Exposición nos versos", comentario sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bk. 1, Ch. 1)Shlokavartika Tantravartika ("Exposición sobre as ciencias sagradas", comentario sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bk. 1, Ch. 2–4 e Bks. 2–3) Tantravartika Tuptika ("Exposición completa", comenatrio sobre a obra de Shabara Commentary on Jaimini's Mimamsa Sutras, Bks. 4–9)Tuptika Kataoka, Kei, Kumarila on Truth, Omniscience and Killing. Part 1: A Critical Edition of Mimamasa-Slokavarttika ad 1.1.2 (Codanasutra). Part 2: An Annotated Translation of Mimamsa-Slokavarttika ad 1.1.2 (Codanasutra) (Wien, 2011) (Sitzungsberichte der philosophisch-historischen Klasse, 814; Beiträge zur Kultur- und Geistesgeschichte Asiens, 68).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnold, Daniel Anderson. Buddhists, Brahmins, and Belief: Epistemology in South Asian Philosophy of Religion. Columbia University Press, 2005. .
Bhatt, Govardhan P. The Basic Ways of Knowing: An In-depth Study of Kumārila's Contribution to Indian Epistemology. Delhi: Motilal Banarasidass, 1989. .
Sheridan, Daniel P. "Kumarila Bhatta", en Great Thinkers of the Eastern World, ed. Ian McGready, Nova York: Harper Collins, 1995.
Ligazóns externas Text of Mimamsalokavarttika by Kumarila Bhatta (in transliterated Sanskrit)
Categoría:Nados en Assam Categoría:Filósofos da India Categoría:Personalidades do hinduísmo