Kermes ilicis ou cochinilla da aciñeira, é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
Parasito de especies de Quercus É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus, principalmente de Quercus ilex (do que toma o seu nome vulgar, da "aciñeira"), especie que se distribúe polas rexións costeiras da conca do Mediterráneo, (España, Italia, Francia, Grecia,Alxeria), encontrándose este insecto tamén en Portugal, Polonia, Hungría, Austria e Moldova.Kermes ilicis (Linnaeus, 1758) no GBIF.
Outras especies parasitadas por Kermes ilicis son Quercus toza, Q. suber, Q. pubescens e Q. coccifera.Kermes ilicis en Scale Net info.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Linneo en 1758, na páxina 455 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Coccus ilicis.Coccus ilicis no Systema Naturae.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:Kermes ilicis en ScaleNet. Coccus ilicis Linnaeus, 1758 (protónimo) Coccus bauhini (Planchon, 1864) Chermes ilicis (Linnaeus, 1758) Chermes bauhini Planchon 1864 Lecanium ilicis (Linnaeus, 1758) Kermes bauhini (Planchon, 1864) Kermes bauhinii (Planchon, 1864) (nome inválido por erro gramatical) Kermococcus ilicis (Linnaeus, 1758)
Uso como colorante e na fabricación de coiros Unha tintura natural vermella obtense quermes ou carmín, foi utilizada desde a antigüidade, ten aproximadamente unha décima parte do poder colorante da cochinilla. O colorante primario, o ácido quermésico, extráese con auga. Estas especies de Kermes tamén conteñen entre o 18 e o 32 % de taninos, polo que se usan para producir coiros de cor escura. O pigmento carmesí destes insectos fíxose a partir de fo quermes mediante extracción con álcalis e logo precipitándoo on trihidrato de alúmina (Al2O3·3H2O). Foi utilizado polos antigos exipcios, gregos e romanos. Esta tintura carmesí rara vez se usou despois de que o carmín se fixera popular no século XVI pola introdución da cochililla mexicana Dactylopius coccus, e deioxou de empregarse no século XIX.Kermes en cameo.mfa.org .
Dilucidación das especies Kermes ilicis e K. vermilio Durante moitos anos consideráronse ambas as especies como conesperíficas. Pero grazas á determinación das drogas polos sues caracteres morfolóxicos externos ao estudialas usando o microscopio, permitiulle a Gustave Planchon corrixir as identificacións erróneas entre Kermes vermilio e Kermes ilicis, identficando a K. vermilio como especie separada.Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172. Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88. Schweppe, H. & H. Roosen-Runge (1986): "Carmine-Cochineal Carmine and Kermes Carmine". En Artists' Pigments, Volume 1, R. Feller (ed.), Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-0374-3.
Outros artigos Cocoideos Quermésidos Kermes Kermes vermilio''
Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos Categoría:Colorantes