Julio Álvarez Gómez, nado en Ribadavia o 17 de maio de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Estudou Dereito, foi funcionario do Ministerio de Facenda, exerceu a avogacía. Director provincial do INEM en Ourense (1988-1996) e deputado no Congreso dos Deputados polo PSdeG-PSOE (1996-2000). Encabezou a candidatura socialista en Toén en 2003 e 2007, sendo elixido concelleiro, e dende setembro de 2005 ata 2007 foi deputado na Deputación de Ourense. Profesor na Facultade de Dereito do campus de Ourense e vogal da Asociación Inclusión.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Avogados de Ribadavia