José María Martínez Magdaleno nado en Moaña, é un profesor e ex piloto de rallys galego.

Competiu durante décadas en diversos campionatos tanto a nivel nacional como autonómico, en probas de asfalto, terra e montaña. En 1998 proclamouse campión de España de Montaña no grupo N.

Traxectoria miniatura|BMW 535 de José Luis Suárez e Martínez Magdaleno na Subida Cidade de Pontevedra de 2018 Estudou Maxisterio en Ourense e afincouse no Carballiño, onde foi mestre e director do Colexio Vila do Arenteiro.

En 1977 disputou a súa primeira proba automobilística, a Subida a Laza. Dende entón disputou numerosas probas en distintas modalidades. En 1988, cun Lancia Delta HF 4WD saíu gañador do I Rally de Terra do Carballiño, unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, e ao ano seguinte gañou o Rally de Terra Concello de Barbadás. O Lancia Delta quedou calcinado no 2º Rally de Narón, despois de que envorcase cando ía segundo e que comezase a arder tras ser posto de novo sobre as rodas. Correu tamén durante anos o Campionato de Galicia de Rally, logrando algúns podios como o segundo posto no 25º Rally do Lacón ou o terceiro no 1º Rally do Albariño, en ambos casos cun Lancia Delta Integrale.

Ademais competiu asiduamente no Campionato de Galicia de Montaña dende a súa primeira edición, en 1984. En 1995, correndo cun Renault Clio Williams, proclamouse campión do grupo N tanto no galego de montaña, como no Campionato Astur Galaico de Montaña, despois de lograr varias vitorias, como as conseguidas na Subida a Silleda ou na Subida a Almofrei. En 1996 cun Ford Escort Cosworth volveu gañar dentro do grupo N o campionato astur galaico, mentres que quedou subcampión no campionato galego. En 1997 revalidou de novo o título astur galaico do grupo N e rematou tamén campión de dito grupo no campionato galego de montaña, onde ademais acabou segundo na xeral absoluta, só por detrás do Peugeot 306 de Manuel Senra. Na tempada 1998 disputou o Campionato de España de Montaña, rematando o ano como campión do grupo N.

Correu tamén probas do Campionato de España de Rallys e da Copa de España de Rally e nos últimos anos compite como copiloto de José Luis Suárez en probas de montaña.

Presidiu a Escudería Pontevedra e encargouse da organización de varias edicións da Subida a Almofrei.

Notas

Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Moaña