Prong é unha banda estadounidense de heavy metal formada en 1986 polo baixista Mike Kirkland e o guitarrista Tommy Victor, o único membro constante do grupo. Ata a data Prong leva publicados doce álbums de estudio (incluído un álbum de versións), un álbum ao vivo, catro EPs, un DVD e un álbum de remesturas.

Prong tivo dous lanzamentos independentes, Primitive Origins (1987) e Force Fed (1989), que chamaron a atención de Epic Records, selo co cal ficharon en 1989. Os seus primeiros dous álbums con Epic, Beg to Differ (1990) e Prove You Wrong (1991), tiveron boas críticas e chamou a atanción do progama Headbangers Ball da MTV. O seu álbum de 1994 Cleansing tamén foi exitoso, e incluía unha das súas cancións máis coñecidas, "Snap Your Fingers, Snap Your Neck". Tras publicar un álbum máis en 1996, Rude Awakening, Prong separouse en 1997 pero reformouse en 2002 e continúa tocando e gravando dende entón.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloForce Fed1989SpigotBeg to Differ1990Epic RecordsProve You Wrong1991Epic RecordsCleansing1994Epic RecordsRude Awakening1996Epic RecordsScorpio Rising2003Locomotive MusicPower of the Damager200713th Planet RecordsCarved Into Stone2012Long Branch RecordsRuining Lives2014Steamhammer/SPVSongs from the Black Hole2015Steamhammer/SPVX (No Absolutes)2016Steamhammer/SPVZero Days2017Steamhammer/SPV

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de metal industrial Categoría:Grupos musicais de crossover thrash Categoría:Grupos musicais formados en 1986