The Pretenders é unha banda inglesa de rock formada en marzo do ano 1978. A banda orixinal estaba formada polo fundador e principal compositor Chrissie Hynde (voces principais, guitarra rítmica), James Honeyman-Scott (guitarra solista, coros, teclados), Pete Farndon (baixo, coros), e Martin Chambers (batería, coros, percusión). Tras as mortes realacionadas coas drogas de Honeyman-Scott e Farndon en 1982-83, a banda experimentou moitos cambios na súa formación. Hynde é o único membro constante do banda.

Entre os éxitos de The Pretenders están "Brass in Pocket" (1979), "Talk of the Town" (1980), "Message of Love" (1981), "Back on the Chain Gang" (1982), "Middle of the Road" (1983), "2000 Miles" (1983), "Don't Get Me Wrong" (1986), "My Baby" (1986), e "I'll Stand by You" (1994). A banda foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame no ano 2005.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloPretenders1980Sire RecordsPretenders II1981Sire RecordsLearning to Crawl1984Sire RecordsGet Close1986Sire RecordsPacked!1990Sire RecordsLast of the Independents1994Sire RecordsViva el Amor1999Warner Bros. RecordsLoose Screw2002Artemis Records, Eagle RecordsBreak Up the Concrete2008Shangri-La Music, Rhino RecordsAlone2016BMG Rights ManagementHate for Sale2020BMG Rights Management

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Herefordshire Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais formados en 1978