A música industrial é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. AllMusic define á música industrial como a "fusión de rock e música electrónica máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda (música de cinta, musique concrète, ruído branco, sintetizadores, secuenciadores etc.) e provocación punk". O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de Industrial Records por membros de Throbbing Gristle e Monte Cazazza. Aínda que o nome do xénero orixinouse coa aparición de Throbbing Gristle no Reino Unido, concentracións de artistas e selos vitais para o xénero tamén apareceron nos Estados Unidos, concretamente en Chicago.

Os primeiros artistas industriais experimentaron con ruído e temas esteticamente controvertidos, tanto musical como visualmente, como o fascismo, a perversión sexual e o ocultismo. Entre os artistas máis destacados da música inustrial atópanse Throbbing Gristle, Monte Cazazza, SPK, Boyd Rice, Cabaret Voltaire e Z'EV.V.Vale. Re/Search #6/7: Industrial Culture Handbook, 1983 No álbum de estrea de Throbbing Gristle, The Second Annual Report (1977), a banda cuñou o eslogan "música industrial para xente industrial". O selo independente baseado en Chicago Wax Trax! Records contou cun gran cadro de artistas do xénero. Os precursores que influenciaron o desenvolvemento da música industrial inclúen artistas da música electrónica como Kraftwerk, do rock experimental como Pink Floyd e Frank Zappa, do rock psicodélico como Jimi Hendrix, e compositores como John Cage. Os músicos tamén citan a escritores como William S. Burroughs, e filósofos como Friedrich Nietzsche como influencias.

Aínda que o termo foi autoaplicado por un pequeno grupo de bandas e individuos relacionados con Industrial Records a finais da década dos 70, ampliouse para incluír a artistas influenciados polo movemento orixinal ou que usaban unha estética "industrial". Co tempo, a influencia do xénero estendeuse e mesturouse con estilos como ambient, música synth e rock como en Front 242, Front Line Assembly, KMFDM, e Sister Machine Gun do selo baseado en Chicago Wax Trax! Records. A música electro-industrial é un subxéro primario desenvolvido nos anos 80, sendo os seus representantes máis notables Front Line Assembly e Skinny Puppy. Os outros dous híbridos do xénero máis destacables son o rock industrial e o metal industrial, que inclúen bandas como Nine Inch Nails, Ministry e Fear Factory, os dous primeiros con discos de platino publicados nos anos 90.

Historia

Precursores A música industrial tivo un amplo abano de predecesores. Segundo o Oxford English Dictionary, o xénero foi nomeado por vez primeira en 1942 cando The Musical Quarterly chamou á Sinfonía nº 2 de Dmitri Shostakovich "a marea alta da 'música industrial'". De xeito semellante, en 1972 The New York Times describiu traballos de Ferde Grofé (especialmente A Symphony in Steel de 1935) como parte "do seu xénero de 'música industrial' [que] recurríu a instrumentos como catro pares de zapatos, dúas vasoiras, unha campá de locomotora, un trade pneumático e un tanque de aire comprimido". Aínda que esas composicións non está ligadas directamente co novo xénero, eses son os primeiros exemplos de música deseñada para imitar o ruído de maquinaria e a atmosfera dunha fábrica.

No seu libro Interrogation Machine: Laibach and NSK, Alexei Monroe argumenta que Kraftwerk tivo un significado particularmente importante no desenvolvemento da música industrial, como os "primeiros artistas en incorporar con éxito representacións de sons industriais dentro da música electrónica non académica".Monroe, p. 212 A música industrial creouse orixinalmente usando maquinaria mecánica e eléctrica, e posteriormente sintetizadores avanzados, samplers e percusión electrónica cando a tecnoloxía se desenvolveu. Monroe tamén fala de Suicide como unha influencia contemporánea para os músicos industriais. Entre os grupos citados como inspiradores polos fundadores da música industrial atópanse The Velvet Underground, Joy Division e Martin Denny.RE/Search #6/7, p. 11-12 Genesis P-Orridge de Throbbing Gristle ten unha biblioteca de casetes que inclúe gravacións de Master Musicians of Jajouka, Kraftwerk, Charles Manson e William S. Burroughs.RE/Search #6/7, p. 19 P-Orridge tamén acreditou ao rock dos 60 de artistas como The Doors, Pearls Before Swine, The Fugs, Captain Beefheart e Frank Zappa nunha entrevista de 1979.Reynolds 2005, p. 225

Chris Carter tamén atopou inspiración en Pink Floyd e Tangerine Dream. Boyd Rice foi influenciado pola música dos girl groups dos 60 e pola cultura tiki.RE/Search #6/7, p. 67 Z'EV citou a Christopher Tree (Spontaneous Sound), John Coltrane, Miles Davis, Tim Buckley, Jimi Hendrix e Captain Beefheart, entre outros, xunto con música do Tíbet, Balí, Xava, a India e África como moi influentes na súa vida artística.RE/Search #6/7, p. 117 Cabaret Voltaire citou a Roxy Music como os seus precursores iniciais, ademais do Trans-Europe Express de Kraftwerk.Reynolds 2005, pp. 154, 159 Cabaret Voltaire tamén gravou pezas que recordaban á musique concrète e a compositores como Morton Subotnick.Reynolds 2005, p. 156 Nurse with Wound citou unha longa lista de improvisación libre escura e a ao Krautrock como escoitas recomendadas.Reynolds 2005, p. 242 23 Skidoo inspirouse en Fela Kuti e no On the Corner de Miles Davis.Reynolds 2005, p. 243 Moitos grupos industriais, como Einstürzende Neubauten, inspiráronse nas músicas do mundo.Reynolds 2005, p. 485

Moitos dos primeiros músicos industriais preferiron citar a artistas ou pensadores, no canto de músicos, como a súa inspiración. Simon Reynolds declarou que "ser un fan de Throbbing Gristle era como enrolarse nun curso universitario de extremismo cultural". John Cage foi un dos primeiros inspiradores para Throbbing Gristle.Reynolds 2005, p. 226 SPK apreciaban a Jean Dubuffet, Marcel Duchamp, Jean Baudrillard, Michel Foucault, Walter Benjamin, Marshall McLuhan, Friedrich Nietzsche e Gilles Deleuze, ademais de inspirarse no manifesto do Colectivo Socialista de Pacientes. Cabaret Voltaire colleu pistas conceptuais de Burroughs, J. G. Ballard e Tristan Tzara. Whitehouse e Nurse with Wound dedicaron algún do seu traballo ao Marqués de Sade; esta última banda tamén se inspirou no Conde de Lautréamont.Reynolds 2005, p. 242

Outra influencia da estética industrial foi o Metal Machine Music de Lou Reed. Pitchfork Music cita este álbum como "inspirando, en parte, gran parte da escena da música avant-garde contemporánea, en particular do noise". O álbum está formado na súa totalidade por retroalimentación de guitarra, anticipando o uso industrial de sons non musicais. The New York Times dixo da banda estadounidense de avant-garde The Residents que "presaxiara formas de punk, new wave e música industrial".

Industrial Records Industrial Music for Industrial People (música industrial para xente industrial) foi orixinalmente cuñado por Monte Cazazza como o eslogan para a discográfica Industrial Records, fundada polos provocadores británicos Throbbing Gristle. A primeira onda desta música apareceu con Throbbing Gristle, dende Londres; Cabaret Voltaire, dende Sheffield;RE/Search #6/7, p. 42-49 e Boyd Rice (gravando baixo o nome de NON), dende os Estados Unidos.RE/Search #6/7, p. 50-67 Throbbing Gristle comezou a actuar en 1976,Reynolds 2005, p. 224 e naceu como un proxecto paralelo á banda baseada en Kingston upon Hull COUM Transmissions.RE/Search #6/7, p. 17 COUM fora inicialmente un grupo de rock psicodélico, pero comezou a describir o seu traballo como performance co obxectivo de conseguir bolsas do Consello de Artes de Gran Bretaña. COUM estaba formado por P-Orridge e Cosey Fanni Tutti. Fundado en 1972, COUM escenificou vaias performances inspiradas por Fluxus e Viennese Actionism. Estas incluían varios actos de abxección sexual e física.Reynolds 2005, p. 227 Peter Christopherson, un empregado do colectivo Hipgnosis, uniuse ao grupo en 1974 e Carter fíxoo no ano seguinte.RE/Search #6/7, p. 17

O grupo pasou a chamarse Throbbing Gristle en setembro de 1975, procedendo ese nome dunha expresión da xerga inglesa do norte para referirse a unha erección. A primeira actuación pública da banda, en outubro de 1976, foi xunto cunha exposición titulada Prostitution, que incluía fotografías pornográficas de Tutti, así como tampóns usados. O político conservador Nicholas Fairbairn declarou que "os cartos públicos están sendo malgastados aquí para destruír a moralidade da nosa sociedade" e criticou ao grupo como "demoledores da civilización".Reynolds 2005, p. 229 A banda anunciou a súa disolución en 1981, declarando que a súa "misión" tiña "rematado".Reynolds 2005, p. 240

Wax Trax! Records O selo discográfico de Chicago Wax Trax! Records destacou na atención xeneralizada que a música industrial comezou a conseguir a principios dos 80. A discográfica fora creada por Jim Nash e Dannie Flesher. O seu primeiro lanzamento oficial foi un EP en 1980 titulado Immediate Action de Strike Under. O selo pasaría a distribuír algúns dos nomes máis notables da música industrial durante os anos 80 e 90. Wax Trax! tamén se encargou de distribuír nos Estados Unidos edicións do selo belga Play It Again Sam Records, e tiña unha oficina en América do Norte chamada Play It Again Sam U.S.A. como unha división de Wax Trax!. A discográfica foi vendida a TVT Records en 1992. Cando TVT pechou as súas portas e en 2001, Wax Trax! reapareceu cun nome distinto, WTII Records (Wax Trax 2 Records), publicando música industrial e outras formas de música electrónica.

Expansión da escena As bandas Clock DVA, Nocturnal Emissions, Whitehouse, Nurse with WoundReynolds 2005, p. 241 e SPKRE/Search #6/7, pp. 92-105 apareceron ao pouco tempo. Whitehouse intentou tocar "a música máis brutal e extrema da época", un estilo que finalmente chamaron power electronics. Un dos primeiros colaboradores de Whitehouse, Steve Stapleton, formou Nurse with Wound, que experimentou coa escultura de ruído e o collage sonoro.Reynolds 2005, pp. 241-242 Clock DVA colleu elementos do automatismo surrealista o funk e a body music. 23 Skidoo, ao igual que Clock DVA, mesturou música industrial con música dance afroamericana, pero tamén interpretou un resposta á world music. A banda actuou no primeiro WOMAD Festival en 1982 e comparouse co gamelan indonesio.Reynolds 2005, pp. 243-244 A banda sueca Leather Nun fichou con Industrial Records en 1978, sendo o primeiro artista non relacionado con Throbbing Gristle ou Cazazza en editar co selo. Os seus sinxelos finalmente conseguiron ser radiados con frecuencia nas radios universitarias dos Estados Unidos.

A través do Atlántico tiveron lugar experimentos semellantes. En San Francisco, o artista de performance Monte Cazazza comezou a gravar música noise.RE/Search #6/7, pp. 68-81 Boyd Rice publicou varios álbums de noise, con drones de guitarra e loops de cinta creando unha cacofonía de sons repetitivos.RE/Search #6/7, pp. 50-67 En Boston, Sleep Chamber e outros artistas de Inner-X-Musick comezaron a experimentar cunha mestura de ruído potente e primeiras formas de EBM. En Italia, o traballo de Maurizio Bianchi a principios dos 80 tamén compartía esta estética. En Alemaña, Einstürzende Neubauten mesturou percusión metal, guitarras, e instrumentos pouco convencionais (como martelos pneumáticos e ósos) nas súas actuacións que adoitaban a danar os locais nos que se celebraban. Blixa Bargeld, inspirado por Antonin Artaud e un entusiasta das anfetaminas, tamén orixinou un movemento artístico chamado Die Genialen Dilettanten.Reynolds 2005, p. 484