Ramón Barros Sivelo tamén escrito Ramón Barros Sibelo, nado en Santiago de Compostela en 1828 e finado no pazo de Romelle (Zas) en 1903, foi un historiador e arqueólogo galego.
Traxectoria Funcionario de Facenda (axudante de camiños e visitador de papel selado) destinado en Ourense, polo menos entre 1854 e 1864. Colaborou en La Lira del Miño. Obtivo unha pensión da Real Academia para realizar o estudo da vía romana de Braga a Astorga, o que lle permitiu viaxar e percorrer o territorio, reunindo documentación para os seus estudos e pezas que remitiu á Academia. Correspondente da Real Academia da Historia, membro da Comisión de Monumentos de Ourense, foi membro da Academia de Ciencias de Portugal (18 de maio de 1862). Trasladado finalmente a Coruña, logo de varios intentos, foi director e propietario de El Eco Coruñés, e seguiu colaborando coa Academia. Despois foi vivir ao pazo de Romelle, do que foi administrador de 1872 a 1880.
Foi poeta en galego, sendo un dos autores seleccionados por Antonio de la Iglesia para o Álbum de la Caridad coa elexía “Desdichas do meu amor”; publicou outras composicións poéticas en galego. Xornalista e publicista, colaborou en publicacións galegas e madrileñas, destacando as súas colaboracións históricas en El Heraldo Gallego.
Obras Diccionario epigráfico de arqueología y numismática, 1833 (inédito). Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil, Ourense, 1859. Plano general y arqueológico, geográfico y diagramático de la tercera vía militar romana de Braga para Astorga, 1860 (premiado na Real Academia da Historia, inédito). Apuntes arqueológicos de Galicia. El Monte Medulio, A Coruña, 1863. Las Puertas del Perdón en la Catedral de Orense, 1868 (manuscrito na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, inédito). Crónicas de Orense. Episodios de la Edad Media, Ourense, 1875. Antigüedades de Galicia, A Coruña, D. Puga, 1875 (A Coruña, Órbigo, 2006).
Recoñecementos
Unha rúa de Ourense leva o seu nome. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos