A das acantáceas (Acanthaceae) é unha familia de plantas fanerógamas da orde das lamiales, que reúne 256 xéneros cunhas 2 770 especies propias das zonas tropicais e subtropicais. Só unhas poucas especies distribúense en rexións temperadas. Os catro principais centros de distribución son Indonesia e Malaisia, África, Brasil e Centroamérica.

Os representantes da familia pódense achar en case todos os hábitats, incluíndo bosques densos ou abertos, matogueiras, campos e vales húmidos, costas mariñas, pantanos e bosques de manglais.

O seu nome débese a un dos seus representantes, o acanto, unha herbácea empregada en xardinaría nas zonas temperadas cuxas follas inspiraron na Grecia antiga a decoración da capitel corintio.

Inclúe tamén xéneros de interese medicinal, como Justicia, con especies ricas en antidepresivos.

O seu xénero tipo é Acanthus, Linnaeus.

Características As principais carcterísticas das especies desta familia son: O seu porte é xeralmente herbáceo, con follas simples, enteiras, opostas e decusadas, carentes de estípulas. As flores adoitan seren pentámeras, zigomorfas e hermafroditas, con brácteas moi rechamantes, e reunidas en inflorescencias cimosas ou racemosas. O cáliz xeralmente é campanulado ou bilabiado. O androceo consta de 2 ou 4 estames didínamos, cun pole moi variábel en morfoloxía. O xineceo é súpero e está formado por dous carpelos soldados. O froito é xeralmente unha cápsula loculicida.

Taxonomía miniatura|240px|Justicia aurea miniatura|240px|Ruella tuberosa

Descrición A familia foi descrita en 1789 polo médico e botánico francés Antoine Laurent de Jussieu, na súa obra Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam, anno 1774. MS. notes. París, 1789.

Clasificación A familia subdívídese nas seguintes subfamilias, tribos e subtribos.

Subfamilia Acanthoideae Tribo Acantheae Tribo Ruellieae Subtribo Andrographinae Subtribo Barleriinae Subtribo Justiciinae Subtribo Ruelliinae Subfamilia Nelsonioideae Subfamilia Thunbergioideae

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a familia comeceuse tamén polos sinónimos: Avicenniaceae Miq., nom. cons. Justiciaceae Raf. Mendonciaceae Bremek. Meyeniaceae Sreem. Nelsoniaceae Sreem. Thunbergiaceae Lilja

Nota taxonómica Esta familia estivo antigamente situada na orde das escrofulariales, pero a clasificación filoxenética situouna na orde das lamiales.Lamiales na Angiosperm Phylogeny Website.

Segundo o Angiosperm Phylogeny Website, ao engadir os diferentes xéneros da familia das nelsoniáceas, esta familia conta con 3 500 especies, comprendidas en 229 xéneros. A clasificación filoxenética APG II (2003) engade o xénero Avicennia, que anteriormente formaba el só a familia das aviceniáceas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-0979-0.

Outros artigos Lamiales

Ligazóns externas PlanSystematic