Post Self é o oitavo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 17 de novembro de 2017 a través do selo Avalanche Recordings. Trátase do segundo disco do grupo dende a súa reforma en 2010. O sinxelo "Post Self" foi editado en streaming o día 31 de outubro, e un segundo tema, "Be God", apareceu tamén en streaming o 11 de novembro, seis días antes do álbum. Godflesh evitou as entrevistas tras o lanzamento de Post Self, agardanto manter parte da pureza do disco e para darlle aos oíntes unha oportunidade de dixerir a música sen interferencias.
Listaxe de cancións
Notas
Nalgunhas das primeiras edicións de Post Self, o tema 2, "Parasite", e o 3, "No Body", cambia as súas posicións.
Notas
Categoría:Álbums de Godflesh Categoría:Álbums musicais de 2017 Categoría:Álbums producidos por Justin Broadrick