José Guilherme Figueiredo Nobre de Gusmão, nado en Lisboa o 20 de xullo de 1976, é un economista, activista e político portugués do Bloco de Esquerda (BE). Dende 2019 exerce de eurodeputado dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Traxectoria Nado o 20 de xullo de 1976 en Lisboa, licenciouse en Economía polo Instituto Superior de Economía e Xestión (ISEG). Activista en ATTAC, foi membro do Partido Comunista de Portugal (PCP).

Electo polo Bloco de Esquerda (BE), foi deputado na XI lexislatura da Asemblea da República en representación de Santarém.

Antigo asesor de Marisa Matias e membro do Comité Político do BE, foi incluído como candidato no número 2 da lista do partido de face ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 en Portugal. Resultou elixido eurodeputado, integrándose no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL); asumiu unha vicepresidencia na Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios (ECON), converténdose tamén en membro da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos (D-US).

Notas

Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1976 Categoría:Deputados de Portugal Categoría:Europarlamentarios de Portugal