A casa do Carballo de Galdo é unha vivenda situada na parroquia de Galdo (Viveiro), na estrada que vai desde Viveiro a Lugo.

Historia e características Adquirírana o Mariscal Pardo de Cela e a súa muller Isabel de Castro (tamén nomeada Sabela Pérez Osorio) na década de 1450, e foi unha das residencias preferidas polo mariscal. Xunto co seu terreo, foi un dos moitos bens incautados polos Reis Católicos cando axustizaron o mariscal. Isabel de Castro reclamouno, e despois da súa morte a casa foille devolta á súa filla Beatriz xunto co Coto de Cajorro, como se explica na Relazón da Carta Executoria:

Sábese que desta leira podían sacarse nun ano dez toneis de viño.

Foi proposta ao Concello de Viveiro para a Ruta de Pardo de Cela.

Categoría:Viveiro Carballo Categoría:Viveiro sen imaxes