Marguerite Abouet, nada en Abidjan en 1971, é unha escritora de banda deseñada marfilesa, coñecida pola súa serie de novelas gráficas Aya of Yopougon.Marguerite Abouet & Clément Oubrerie Biografía en Drawn and Quarterly.
Traxectoria Abouet naceu en Costa do Marfil e aos 12 anos ela e o seu irmán mudáronse a Francia co seu at the age of 12 she and her brother moved to France with their great uncle.Zuarino, John, "An Interview with Marguerite Abouet" , Bookslut (maio de 2007). Posteriormente pasou a vivir en Romainville, suburbio de París, co seu marido, o ilustrador Clément Oubrerie (que ilustrou as súas ideas gráficas).Ajayi, Angela. "Drawing on the Universal in Africa: An Interview with Marguerite Abouet" , Wild River Review website.
Traballou como asistente legal en París mentres traballaba na súa primeira novela gráfica, Aya of Yopougon. Abouet tentara escribir novelas para xente nova, mais renunciou pola frustración que percibía polas limitacións que esixían no xénero os editores. Finalmente, deixou o seu traballo para concentrarse na escritura a tempo completo..
Aya of Yopougon Aya of Yopougon foi a primeira obra que publicou Abouet. Tamén foi o seu primeiro traballo nas novelas gráficas, ademais dun traballo en colaboración co seu marino, que en Aya of Yopougon realizou o seu traballo como ilustrador de novelas gráficas. Ela viuse influída a realizar unha novela gráfica por Marjane Satrapi, autora de Persépole. Tamén xurdiu do seu desexo de amosar unha África centrada en temas diferentes á guerra e á fame.Review of Aya. Ilyuhen As súas personaxes asisten ao colexio, traballan, fan plans para o futuro e vense en leas cotiás en Costa do Marfil igual que ocorre en calquera outro lugar. A historia foi adaptada nun filme adaptado codirixido por Abouet."Aya of Yop City (2013)", IMDb.
Abouet nega que Aya of Yopougon sexa autobiográfico, agás no sentido de que amosa unha Costa do Marfil familiar para ela. As personaxes están baseadas en xente que coñeceu durante a súa vida, mais as situacións son ficticias.
Aya of Yopougon foi considerado un éxito, especialmente para unha autora novel. Gañou o premio á mellor opera prima no Festival de Angoulê de 2006 e vendeu máis de 200 000 exemplares en Francia. Abouet tamén convenceu ao seu editor francés para vender copias máis baratas de tapa blanda en Costa do Marfil.
Obras Aya de Yopougon, debuxos de Clément Oubrerie (2005) Akissi, debuxos de Mathieu Sapin (2010) Délices d'Afrique (libro de cociña), con Agnès Maupré (2012) Bienvenue, debuxos de Singeon (2012) Essi dans la forêt des monstres, debuxos de Catherine Blancard-Parmentier (2017) Commissaire Kouamé, debuxos de Donatien Mary (2017) Terre gâtée, guión de Marguerite Abouet e Charli Beleteau, debuxos de Christian De Metter (2018)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Marguerite Abouet en Bedetheque Ligazóns externas
"Marguerite Abouet" , Cultures with Vivendi, 13 de xaneiro de 2017
Categoría:Nados en Costa do Marfil Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades da banda deseñada