miniatura|dereita|Efixie de Constancio I Cloro Marco Flavio Valerio Constancio (en latín, Marcus Flavius Valerius Constantius), nado en Salona, Espalato, na Dalmacia no 243, pasou á historia coma Constancio I, co alcume de Cloro, a causa da súa palidez.

Traxectoria Da súa mocidade sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben de certo da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Coel Hen ou filla dunha concubina.

O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de Occidente por Maximiano. Foi o elixido pola súa competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. A seguir, repudiou a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.

No ano 296, na Britania rebelouse Carausio, e proclamouse emperador conseguindo dominar as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio marchou a enfrontalo e logrou derrotalo, pero non nunha batalla definitiva. Pouco despois, Carausio morreu a mans do seu lugartenente Alecto, quen tamén foi derrotado por Constancio, polo que este se fai co control de Britania.

No ano 298 vence aos alamanos en Lingones e fixo reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, foi nomeado augustus, pero morreu en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos e as lexións elixiron ao seu fillo Constantino coma César.

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de emperadores romanos.

Categoría:Emperadores romanos Categoría:Dinastía Constantiniana Categoría:Nados en 243 Categoría:Finados en 306