Alicia Calderón é unha física, investigadora española, que traballa no Instituto de Física de Cantabria, centro mixto Universidade de Cantabria e CSIC.
Traxectoria Alicia Calderón é licenciada e doutora en Ciencias Físicas. Realizou a súa tese doutoral no sistema de aliñamento das cámaras de muóns do detector CMS dentro do Instituto de Física de Cantabria (IFCA), Centro Mixto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de Cantabria (UC), Cantabria, España. É investigadora no IFCA desde 2012.
En 2012 foi investigadora JAE-DOC dentro do grupo de Física de Partículas no (IFCA). É especialista na análise dos datos recollidos polo Experimento CMS (tamén denominado detector de partículas CMS ou Compact Muon Solenoid), ferramenta de ouro do Gran Colisor de Hadrones (tamén chamado acelerador LHC o Large Hadron Collider) do CERN..
En novembro de 2014 foi responsable xunto a outros investigadores do IFCA e do experimento CMS, do desenvolvemento e implementación da política de publicación de datos de CMS en aberto impulsada por Teresa Rodrigo Anoro, investigadora do IFCA e presidenta do consello da colaboración CMS. A contribución española á iniciativa de Open Data do CERN considerouse moi relevante dentro do proxecto de publicación dos resultados dos experimentos do Gran colisor de Hadrones a través dun portal de datos abertos (open data) cos datos das colisións reais producidos polos experimentos do LHC, a disposición para a comunidade científica e proxectos educativos. Kati Lassila-Perini confirma que esta colaboración CMS foi o primeiro experimento en Física de Altas Enerxías en facer públicos os seus datos.
En 2015, Calderón empezou a ser coñecida polo seu traballo e é habitualmente requirida como relatora. En decembro dese ano, por exemplo,participou na mesa redonda 'Mulleres científicas. Mulleres na Ciencia', no marco da exposición "Muller e Ciencia. 13 nomes para cambiar o mundo" organizada pola Biblioteca Central de Cantabria en Santander coa colaboración da Universidade de Cantabria e do Goberno Rexional de Cantabria, creada pola Cátedra Tomás Pascual Sanz-CENIEH, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
É unha gran defensora da divulgación científica na sociedade, para provocar curiosidade, para ampliar o coñecemento xeral e para explicar a importancia da ciencia e da educación para o futuro e o desenvolvemento da sociedade a través de industrias competitivas e un aceptable nivel tecnolóxico que merecen unha investimento en ciencia e tecnoloxía.
Recoñecementos En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.
Nota
Véxase tamén
Bibliografía
Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Categoría:Científicos de España Categoría:Físicos de España