Seinäjoki, Ostrobotnia do Sur O Seinäjoen Jalkapallokerho ou SJK é un equipo de fútbol da cidade de Seinäjoki, Ostrobotnia do Sur (Finlandia). foi fundado o 5 de novembro de 2007. En 2020 compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no OmaSp Stadion, un estadio con capacidade para 5 817 persoas. O seu uniforme titular é integramente negro, mentres que o reserva é completamente branco.

O SJK gañou o campionato finlandés nunha ocasión en 2015 e foi subcampión en 2014 e bronce en 2016, tamén conquistou a Suomen Cup unha vez (2016) e a Liigacup noutra ocasión en 2014, e foi subcampión de ambas copas nas tempadas 2017 e 2016 respectivamente. En 2019 equipo ocupaba a trixésima posición na clasificación histórica da liga con tan só seis tempadas disputadas na máxima competición do fútbol finlandés.

Palmarés 1 Veikkausliiga: 2015 1 Suomen Cup: 2016 1 Liigacup: 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia Categoría:Deporte en Seinäjoki