Bawbee de María Estuardo (1542-1567)260x260px+MARIA D G REGINA SCOTORV; cardo coroado flanqueado por M ROPPIDVM EDINBVRGI, cruz de Santo André e floresBawbee. BI. 21 mm. 2,35 g. "1 Bawbee - Mary I 1st Period". Numista.
O bawbee foi unha moeda escocesa co valor de seis peniques escoceses (equivalentes a medio penique inglés), cuñada por primeira vez en billón por Xacobe V en 1538 e que se deixou de emitir, xa como moeda de cobre, baixo o reinado de Guillerme II de Escocia (1694-1701)."Bawbee". En Frey, A. R. (1916). Páxina 21."Baw-bee". En Martinori, E. (1915). Páxina 31.
Etimoloxía Consonte o Brewer's Dictionary of Phrase and Fable, hai dúas posibles orixes da denominación desta moeda. A máis sustentable atribúea a unha derivación do topónimo Sillebawby, parroquia de orixe dun dos mestres de ceca (Alexander Orok, Lord of Sillebawby) que se ocupou da cuñaxe dos primeiros bawbees, segundo consta nun apuntamento das contas do tesoureiro da ceca de 1541: In argento receptis a Jacobo Atzinsone, et Alexandro Orok de Sillebawby respective."Bawbee". En Collins Dictionary."Bawbee". En Brewers Prase and Fable.
A segunda hipótese, considerada como máis especulativa, sitúa a orixe desta denominación na expresión francesa bas billon ("baixo billón", pola escasa proporción de prata na aliaxe).
Emisións miniatura|Bawbee de 1678 a nome de Carlos II (1660-1685)"1 Bawbee - Charles II". Numista. O primeiro bawbee, introducido por Xacobe V (1513-1542), naceu en 1538 como moeda de billón equivalente a seis peniques (ou un terzo do groat naquel momento)."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12. Esta moeda amosaba no anverso un monograma I5 (Iacobus V) que flanqueaba o característico cardo coroado da moeda escocesa, e no reverso unha ampla cruz de Santo André cunha coroa no centro.O cardo é un dos símbolos nacionais de Escocia. As lendas eran IACOBVS · D · G · REX · SCOTORVM ("Xacobe rei dos escoceses pola graza de Deus") no anverso e OPPIDVM .·. EDINBURGI (cidade de Edimburgo) no reverso "1 Bawbee - James V 3rd Coinage". Numista. Xacobe V emitiu asemade moedas fraccionarias de medio bawbee e dun cuarto de bawbee."½ Bawbee - James V". Numista.
Cara ao ano 1544, a viúva de Xacobe V e raíña consorte, María de Guisa, emitiu tamén bawbees no castelo de Stirling, co monograma MR no anverso, rodeado pola lenda MARIA · D · G · REGINA · SCOTORV, e a cruz de Lorena no reverso."1 Bawbee - Mary I". Numista.
A emisión de bawbees e de medios bawbees foi retomada así mesmo pola súa filla, María Estuardo (1542-1567). Aínda en billón, estas moedas foron cuñadas na ceca establecida no palacio de Holyrood, en Edimburgo, e tamén na casa de moeda de Stirling."1 Bawbee - Mary I 1st Period". Numista.Stewart, I. (1955). Páxinas 80-90.Stevenson, R. B. K. (1989).
A partir de 1677, durante o reinado de Carlos II (1660-1685), o bawbee pasou a cuñarse en cobre. Unha das características desta moeda foi a súa lenda, NEMO ME IMPUNE LACESSIT ("Ninguén me provoca impunemente"), un lema que aínda aparece en ocasións impreso no canto das actuais moedas dunha libra esterlina.Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Páxinas 79-83.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Libra escocesa Penique escocés Moeda escocesa
Bibliografía
Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8 Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646 Stevenson, R. B. K. (1989). "The Bawbee issues of James V and Mary". En British Numismatic Journal. Vol. 59. Páxinas 120-156.
Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.
Ligazóns externas
Scottish Coins
Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso