Lewis, tamén coñecido como SSTI 1 (Small Spacecraft Technology Initiative 1) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 23 de agosto de 1997 mediante un foguete Athena 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características Lewis foi o primeiro satélite do programa SSTI de pequenos satélites funcionando como demostradores tecnolóxicos. A instrumentación de Lewis consistía en

unha cámara hiperespectral (HSI) para obter imaxes da superficie terrestre. un detector espectral en varias lonxitudes de onda (LEISA). un detector do fondo cósmico no ultravioleta (UCB).

Despois de chegar a órbita o satélite empezou a xirar fóra de control ao quedar atascado un dos propulsores de control de actitude máis tempo do esperado, perdendo enerxía días despois. Lewis non puido manobrar para chegar á súa órbita operativa e reentrou na atmosfera o 28 de setembro de 1997.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Athena 1

Categoría:Satélites artificiais