miniatura|Hadrián III Hadrián III, nado en Roma e finado en San Cesario sul Panaro, Módena o 17 de setembro de 885, foi Papa da Igrexa católica do 884 ao 885. Traxectoria Durante o seu breve pontificado, e seguindo a liña da súa predecesor, Mariño I, renovou a excomuñón do antigo patriarca de Constantinopla Focio.
Manifestou que a consagración do Papa non precisaba do consentimento imperial, pero respondeu á petición do emperador Carlos III o Gordo para que acudise á Dieta, que co obxectivo de resolver a sucesión do trono imperial, se celebraría en Worms. Cando o Papa se dirixía ao encontro, morreu preto de Módena, o 7 de setembro do 885 e foi enterrado no mosteiro de Nonantula.
Veneración Ao pouco da súa morte foi proclamado santo, sen que se coñezan os motivos. Parece que durante unha carestía o seu auxilio á poboación de Roma o fixo moi popular. Venerado, a súa canonización foi impugnada, e non foi confirmada, pero si tolerada, ata que León XIII, o 2 de decembro do 1891, decretou o culto oficial.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 885 Categoría:Santos do catolicismo