LOSAT-X (Low Altitude Satellite Experiment) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 4 de xullo de 1991 mediante un foguete Delta 7925 desde o Cabo Cañaveral.
Características LOSAT-X foi construído por Ball Aerospace para a Iniciativa de Defensa Estratéxita (popularmente coñecida como Guerra das Galaxias) co fin de recoller datos multiespectrais do escape de foguetes e mísiles lanzados desde terra. Probou algunhas outras tecnoloxías, como unha cámara estelar de gran angular.
O satélite ía acaroado á segunda etapa do seu foguete lanzador e foi exectado en órbita despois de separarse esta da terceira etapa. A súa vida operativa esperada era de tres meses, aínda que tódolos seus obxectivos se cumpliron o primeiro día en órbita. Aos nove días perdeuse o contacto co satélite debido a unha avaría no seu receptor de radio. O satélite reentrou na atmosfera o 15 de novembro de 1991.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delta 7925
Categoría:Satélites artificiais