Alba Aguión Tarrío, nada en A Coruña en 1990, é unha bióloga galega, investigadora e divulgadora. En 2016 foi subcampioa mundial do concurso de monólogos FameLab organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), o British Council e Obra Social “la Caixa”.

Traxectoria Alba Aguión é licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con dobre especialidade en Zooloxía e Bioloxía Mariña. Posteriormente cursou un máster en Ecoloxía na cidade de York e traballou para a compañía Education Through Expeditions (ETE) realizando talleres sobre o Àrtico e a ciencia polar.

Na actualidade traballa como investigadora na Universidade de Vigo, no grupo de investigación Future Oceans Lab liderado por Elena Ojea, e realiza su doutoramento sobre os efectos do cambio climático sobre a pesca do percebe en Galicia. En 2019 foi seleccionada para formar parte da iniciativa Homeward Bound, que pretende construír unha rede global de mulleres dedicada a fortalecer o liderado feminino na loita contra o cambio climático e polo futuro do planeta.

Recoñecementos

En 2016 foi a Gañadora do concurso de monólogos científicos Famelab España 2016 e obtivo o segundo posto en International Famelab 2016 representando a España. En 2017 gañou o concurso de vídeos de ciencia da Fundación Aquae 2017 e Somos Científicos 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Alba Aguión na final internacional de Famelab 2016 Páxina Persoal de Alba Aguión

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes