miniatura|260px|Spirocodon saltator, unha medusa da orde dos antoatecados En zooloxía denomínase gonozoide, ou gonozooide, a calquera dos zooides reprodutores das colonias de tunicados, briozoos ou hidrozoos que producen gametos. Os gonozoides poden desempeñar un papel na división do traballo, ou na alternancia de xeracións. Polo xeral, un gonozoide apenas ten outra función que a reprodución, polo que podería dicirse que é pouco máis ca unha gónada móbil.
A produción de gonozoides equivale a un aspecto de certas clases de alternancia de xeracións. En termos biolóxicos, as súas diversas formas son exemplos de estratexias evolutivas, e son en gran parte análogas en lugar de homólogas.
Nos hidrozoos No caso dos hidrozoos os gozoides son pólipos que orixinan medusas, e que, polo tanto, se ocupan da reprodución destes organismos.Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 113.
Etimoloxía O nome dactilozoide está formado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional gono- e -zoide. O primeiro deriva do grego antigo γόνος gónos, "xeración", "acción de procrear",gono- Merriam-Webster Dictionary. e o segundo do grego antigo ζῷον zõon, "animal".gonozooid no Merriam-Webster Dictionary.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ruppert, Edward E.; Fox, Richard, S.; Barnes, Robert D. (2004): Invertebrate Zoology, 7th edition. Cengage Learning. ISBN 978-81-315-0104-7, pp. 162–166.
Outros artigos Alternancia de xeracións Hidrozoos
Categoría:Termos zoolóxicos