M-100 foi un foguete sonda soviético de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por dúas etapas.
Características M-100 foi o foguete sonda máis lanzado da Historia, estimándose que se lanzaron unhas 6640 unidades entre 1957 e 1993, ano en que debido ao afundimento da Unión Soviética deixou de usarse. O foguete non tiña sistema de guiado e estabilizábase mediante aletas. A versión básica podía levar 15 kg de carga a unha altura de 90 km. Tiña unha lonxitude de 8,34 m, un diámetro de 25 cm e unha masa total de 475 kg. Usábase para facer medicións meteorolóxicas. Unha versión mellorada, o M-100B, foi usado conxuntamente con foguetes americanos Super Loki-Dart, británicos Skua e franceses Super Arcas para calibrarse mutuamente e integrarse na Rede Mundial de Foguetes Meteorolóxicos.
Véxase tamén
Outros artigos Super Loki-Dart Skua Super Arcas
Notas
Categoría:Foguetes sonda