é unha novela de 1929 escrita polo autor xaponés Takiji Kobayashi.

Orixe A pesca no mar de Okhotsk principiara a comezos do século XX. Foi considerada unha industria estratéxica, protexida pola armada imperial xaponesa. Axiña comezarían os primeiros conflitos con Rusia e posteriormente coa Unión Soviética. Tras unha exhaustiva investigación, Takiji Kobayashi describiu a vida e traballo dos pescadores en condicións de semiescravitude e o maltrato físico e psicolóxico ó que eran sometidos a bordo do barco Hakuko Maru.

Publicación Publicouse orixinalmente de forma serializada entre maio e xuño de 1929 na revista de literatura comunista Senki. En setembro dese mesmo ano, publicouse en formato de libro Senki Company. O libro foi prohibido polos censores do goberno, mais non antes de ter vendido uns 15 000 exemplares. miniatura|esquerda|Imaxe dun pesqueiro da época Foi traducida ao galego por Gabriel Álvarez Martínez e publicada en xullo de 2020 por Editorial Hugin e Munin.

Adaptacións No ano 1953, foi levada ó cine polo director Sō Yamamura. No 2008, debido ó contexto de crise económica e precariedade laboral, unha reedición da novela acadou un gran suceso de vendas no Xapón. Isto provocou a adaptación da novela ó manga, a varias adaptacións teatrais e a un remake de película orixinal do 1953.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1929 Categoría:Obras narrativas en xaponés Categoría:Obras traducidas do xaponés ao galego