miniatura|Diagrama da localización de MAQSAT 3 no voo Ariane 503. MAQSAT (Maquette Satellite) foi unha serie de satélites artificiais inertes, de proba, enviados nalgúns lanzamentos de foguetes Ariane 5 para estudar o comportamento e a envolvente do foguete.

MAQSAT H e MAQSAT B MAQSAT H e B foron lanzados no mesmo voo, o 30 de outubro de 1997. Cuns 2300 kg de masa cada un, a súa finalidade era simular diferentes tipos de satélite e a resposta do foguete durante o lanzamento. Ningún chegou a órbita ao fallar o lanzamento e ser destruído o foguete.

MAQSAT H2 MAQSAT H2 tiña unha masa de 3700 kg e debía substituír a carga comercial do voo L521 só en caso de que non houbese satélites dispoñibles para o lanzamento. Finalmente no seu lugar foi lanzado o satélite de comunicacións XTAR-EUR.

MAQSAT B2 MAQSAT B2, cunha masa de 3622 kg, foi lanzado o 12 de febreiro de 2005. Foi usado en substitución dunha carga comercial, pero tamén como plataforma tecnolóxica para diferentes experimentos europeos: Sloshsat-FLEVO para o estudo de fluídos no espazo, Boucle-Fluide, un experimento francés de refrixeración, DVCAM, unha cámara autónoma, e TMA, un sistema de telemetría.

MAQSAT 3 MAQSAT 3 foi deseñado para imitar as características mecánicas e dinámicas do satélite comercial orixinal que debía voar no lanzamento do 21 de outubro de 1998 (o Eutelsat W2) pero que finalmente foi lanzado noutro voo. MAQSAT 3 tiña unha masa de 2600 kg e unha altura de 3 metros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 5

Categoría:Satélites artificiais