Thomas Kenneth Mattingly II, nado en Chicago o 17 de marzo de 1936 e finado o 3 de novembro de 2023 en Arlington, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Apollo 16, STS-4 e STS-51-C.

Traxectoria Mattingly graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade Auburn en 1958.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando nas misións Apollo 16, STS-4 e STS-51-C e pasando un total de 21,19 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 16 STS-4 STS-51-C

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Chicago