Yvonne Rainer, nada en San Francisco o 24 de novembro de 1934 é unha bailarina, coreógrafa e cineasta experimental estadounidense. A súa obra cualificouse como arte minimalista.

Traxectoria Rainer naceu en San Francisco, California. A súa nai era unha estenógrafa de Brooklyn descendente de inmigrantes xudeus de Varsovia, e o seu pai, albanel e pintor de casas, naceu no norte de Italia, de onde emigrou aos Estados Unidos con 21 anos. Despois de estar un ano no San Francisco Junior College e formarse no Martha Graham Center of Contemporary Dance, Rainer deuse a coñecer como unha figura destacada no movemento Judson Dance Theater, un grupo de bailaríns e artistas que facían actuacións que cruzaban con fluidez os campos da danza e das artes visuais.

En 1975, comezou a centrarse principalmente na realización de filmes de media e longa duración, nas que inverte os códigos narrativos. Os seus filmes tomaron despois despois un xiro claramente feminista, explorando temas como o terrorismo (Journeys from Berlin/1971, 1980), a menopausa (Privilege, 1990) e a doenza (MURDER and murder, 1996). Entre 2000 e 2006, Rainer regresou á coreografía e continuou a producir obras provocativas e sorprendentes.

Recoñecemento En 1990, Rainer recibiu un premio do MacArthur Fellows Program polas súas contribucións á danza."Fellows", MacArthur Foundation, consultado o 3 de novembro de 2014. En 2015 recibiu o premio Merce Cunningham da Foundation for Contemporary Arts. En 2017 outorgóuselle un USA Grant. Tamén recibiu dous Guggenheim Fellowships (1969,1988).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lambert, Carrie. "Moving Still: Mediating Yvonne Rainer's Trio A," October 89 (Summer 1999): 87-112. Liza Béar, Yvonne Rainer, e Willoughby Sharp. "Yvonne Rainer," Avalanche Magazine 5 (verán de 1972): 46-59.

Rainer, Yvonne (1974). Work 1961-73. Halifax, Nova Escocia: The Press of the Nova Scotia College of Art and Design, e Nova York: New York University Press. .

Ligazóns externas Yvonne Rainer's Trio A on MoMA Learning Yvonne Rainer's Kristina Taking Pictures on MoMA Learning HOW TO SEE | Judson Dance Theater: The Work Is Never Done featuring Yvonne Rainer Yvonne Rainer and other artists interviewed for MoMA Audio: Judson Dance Theater: The Work is Never Done, 2017 Yvonne Rainer: The Concept of Dust--or How do you look when there's nothing left to move?, MoMA Biography on sensesofcinema.com . By Erin Brannigan. Review of Feelings Are Facts, by Daniel Ross. Conceptual Paradise "Step-by-step guide to dance: Yvonne Rainer" Archival footage of Yvonne Rainer's Debate 2002 and Three Seascapes in 2002 at Jacob’s Pillow Dance Festival. Yvonne Rainer gives a lecture at MIT. She discusses and shows video excerpts of works made after 2000.

Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Nados en 1934 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Coreógrafos Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeopolaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana