A Agrius convolvuli é unha bolboreta nocturna da familia Sphingidae. Atópase en Europa, África, Asia e Australia, especialmente nas zonas meridionais do continente.Agrius convolvuli - Ciclo vital completo. É unha especie migratoria que pode atoparse en Galicia.Catálogo de los Sphingidae(Lepidoptera) de Galicia Descrición A envergadura das súas ás vai dende 80 a 105 mm., a coloración básica é en tons agrisados, pero o abdome ten unha ampla franxa dorsal gris e rosa e bandas negras con bordos brancos nos lados. AS ás posteriores son de cor gris claro con amplas liñas escuras cruzadas. Ten un corpo firme e poderoso. Agrius convolvuli A súa cor básica é agrisada, cun debuxo máis escuro no corpo e nas ás. O abdome ten dúas filas de manchas regulares a cada banda en cores moi delicadamente marcadas, rosa, branca e negra. Pero estas manchas non son visibles cando o animal se atopa en posición de repouso. Entón pode camuflarse perfectamente sobre a cortiza dunha árbore ou nun muro de pedra.African Moths - Agrius convulvuli

Reprodución A femia pon os ovos nas follas do xénero Convolvulus, de aquí o seu nome latino Agrius convolvuli.

As eirugas son de coloración moi variada, marrón, branca e verde. Como as eirugas doutras esfinxes, son relativamente grandes e teñen un apéndice similar a un corno na zona caudal. Comen as follas de diferentes especies de varias familias: Araceae, Convolvulaceae, Leguminosae e Malvaceae.Michael Chinery, Collins Guide to the Insects of Great Britain and Western Europe

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Invertebrados de Galicia