A Federación Galega de Automobilismo (FGA) é o organismo reitor do automobilismo en Galicia. Forma parte da Real Federación Española de Automobilismo.
Organiza distintas competicións de motor en Galicia, destacando o Campionato de Galicia de Rally e o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia Fundouse como Federación Noroeste de Automobilismo, pasando a chamarse en 1981 Federación Territorial Noroeste de Automobilismo e adoptando máis tarde o nome actual. En 1961 Pedro López Sors foi elixido presidente, e entre 1977 e 1981 o cargo foi ocupado por Estanislao Reverter, sendo substituído por José Luis Arias Gayoso, que foi presidente ata a súa dimisión en 1984, momento no que comezou a presidir a Federación Iván Corral.
En 1975 a Federación deu o seu visto e prace á idea dun Campionato Galego de Automobilismo, proposta e deseñada por Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay. O campionato combinaba rallys con subidas de montaña e disputábase de xeito paralelo ao Campionato de Galicia de Montaña. Posteriormente creouse o Campionato de Galicia de Rally e pouco despois o campionato combinado desapareceu.
A finais de 2020, Gloria de Burgos Pousa converteuse na nova presidenta da Federación, debido á inhabilitación de Iván Corral, que levaba máis de 35 anos no cargo. En xaneiro de 2023 Antonio Rodríguez Troitiño foi elixido novo presidente.
Competicións A Federación Galega de Automobilismo organiza e regula os seguintes campionatos:
Campionato de Galicia de Rally Campionato de Galicia de Montaña Campionato de Galicia de Rallymix Campionato de Galicia de Autocross Campionato de Galicia de Karting Campionato de Galicia de Slálom Campionato de Galicia de Rallysprint
Notas
Véxase tamén Outros artigos Real Federación Española de Automobilismo
Ligazóns externas Sitio web oficial da FGA
Automobilismo Categoría:Automobilismo en Galicia