miniatura|256px|Un Meteor-2. Meteor é unha familia de satélites meteorolóxicos soviéticos e rusos.

Características Meteor agrupa toda unha serie de familias de satélites meteorolóxicos que comezaron a ser desenvolvidos na época soviética e continuaron evolucionando ata seguir sendo usados pola actual Rusia nas súas formas máis modernas. Os satélites Meteor orixinais comezaron a ser lanzados en 1964 e foron os primeiros satélites meteorolóxicos da Unión Soviética.

Meteor 1 Meteor 1 foi a primeira serie de satélites meteorolóxicos soviéticos. Foron desenvolvidos por VNIIEM, tiñan unha masa duns 2200 kg e estaban estabilizados nos tres eixos, cun corpo presurizado e dous paneis solares. Eran inxectados en órbitas polares duns 600 km de altura. Levaban os seguintes instrumentos a bordo:

Unha cámara de televisión baseada en vidicon para o rango espectral entre 0,3 e 0,8 micrómetros cunha resolución de entre 1,25 e 3 km. Unha cámara infravermella para o entre entre 8 e 12 micrómetros, cunha resolución de 15 km. Un sensor de radiación para medir o fluxo de radiación solar, a radiación térmica da superficie terrestre e da cobertura de nubes e da atmosfera. Funcionaba no rango de lonxitudes de onda de entre 0,3 e 3,30 micrómetros, cunha resolución de 40 x 50 km.

Lanzáronse 38 Meteor 1 entre 1964 e 1977, todos mediante foguetes Vostok-2M, aínda que os once primeiros foron nomeados baixo a denominación Kosmos e só a partir da décimo segunda unidade se empezou a usar a denominación Meteor 1. Ademais, as unidades 18, 25 e 28 a 31 coa denominación oficial foron realmente parte da serie Meteor-Priroda.

Meteor 2 Meteor 2 foi a continuación mellorada dos Meteor 1. Levaban a bordo tres cámaras de televisión para o espectro visible e infravermello, un radiómetro de cinco canais e outro para medir densidades de fluxo no espazo próximo á Terra. Meteor 2-21 levaba a bordo ademais un retrorreflector para medicións por láser desde terra.

Lanzáronse 21 Meteor 2 entre 1975 e 1992, os primeiros mediante foguetes Vostok-2M e o resto mediante foguetes Tsiklon-3. Os satélites tiñan unha masa duns 1300 kg e eran inxectados en órbitas polares de 850 x 950 km de altura.

Meteor 3 Meteor 3 foi a terceira xeración de satélites meteorolóxicos polares soviéticos. Tiñan unha masa de entre 2150 e 2250 kg e eran inxectados en órbitas heliosincrónicas. A bordo levaban os seguintes instrumentos:

Os sistemas de cámaras de televisión MR-2000M e MR-900B. O radiómetro infrevermello Klimat. Un espectrómetro multicanal. O medidor de radiación RMK-2.

Ademais Meteor 3-6 levaba o instrumento TOMS da NASA, similar ao que levaba o satélite Nimbus 7, e Meteor 3-7 levaba unha serie de instrumentos proporcionados por Francia e Alemaña.

Lanzáronse 7 Meteor 3 entre 1984 e 1994, o primeiro deles infrutuoso, e todos mediante foguetes Tsiklon-3.

Meteor 3M Meteor 3M debía ser a serie que continuara aos Meteor 3, pero finalmente se lanzou unha única unidade, co resto sendo canceladas. Meteor 3M-1 levaba a bordo o instrumento estadounidense SAGE-3. Levaba tamén a cámara MR-2000-M1, un radiómetro Klimat e os instrumentos MIVZA, MTVZA, MSU-E, SFM-2, KGI-4C e MSGI-5EI. O satélite, con 2477 kg de masa, foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un Zenit-2 a unha órbita polar de 996 x 1016 km de altura e deixou de funcionar o 6 de marzo de 2006 debido a un problema co seu sistema de enerxía, máis alá do seu tempo de vida esperado de 3 anos.

Meteor-M 1 Meteor-M é a xeración de satélites que debía substituír os Meteor 3M e da cal se lanzou tamén unha única nave. O satélite, Meteor-M 1, tiña unha masa duns 2900 kg e leva os seguintes instrumentos a bordo:

MSU-MR: unha cámara multiespectral de baixa resolución para o estudo da cobertura nubosa. KMSS: unha cámara multicanal para estudo da superficie terrestre. MTVZA-GYa: unha cámara e sondador para a obtención de perfís atmosféricos de temperatura, humidade e vento a nivel do mar. Severjanin: un radar de apertura sintética en banda X para a monitorización do xeo. DCS: un sistema de recolección de datos. GGAK-M: un conxunto de instrumentos helioxeofísicos.

Foi lanzado o 17 de setembro de 2009 mediante un foguete Soiuz 2-1b Fregat.

Meteor-M 2 Meteor-M 2 é a continuación de Meteor-M 1. Teñen unha masa de 2750 kg e son lanzados mediante foguetes Soiuz-2-1b. Levan os seguintes instrumentos a bordo:

MSU-MR: unha cámara multiespectral de baixa resolución para o estudo da cobertura nubosa. KMSS-2: unha cámara multicanal para estudo da superficie terrestre. MTVZA-GYa: unha cámara e sondador para a obtención de perfís atmosféricos de temperatura, humidade e vento a nivel do mar. IKFS-2: un sondador infravermello para perfiles atmosféricos de humidade e temperatura. BRK-SSPD: un sistema de recolección de datos. RK-SM-MKA: un sistema de radio para axuda en rescates.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasKosmos 4428 de agosto de 1964 Vostok-2M ÉxitoKosmos 5826 de febreiro de 1965 Vostok-2M ÉxitoKosmos 10017 de decembro de 1965 Vostok-2M ÉxitoKosmos 11811 de maio de 1966 Vostok-2M ÉxitoKosmos 12225 de xuño de 1966 Vostok-2M ÉxitoKosmos 14428 de febreiro de 1967 Vostok-2M ÉxitoKosmos 15627 de abril de 1967 Vostok-2M ÉxitoKosmos 18424 de outubro de 1967 Vostok-2M ÉxitoKosmos 20614 de marzo de 1968 Vostok-2M ÉxitoKosmos 22612 de xuño de 1968 Vostok-2M ÉxitoKosmos 2651 de febreiro de 1969 Vostok-2M FalloMeteor-1 126 de marzo de 1969 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 26 de outubro de 1969 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 317 de marzo de 1970 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 428 de abril de 1970 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 523 de xuño de 1970 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 615 de outubro de 1970 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 720 de xaneiro de 1971 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 817 de abril de 1971 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 916 de xullo de 1971 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1029 de decembro de 1971 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1130 de marzo de 1972 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1230 de xuño de 1972 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1326 de outubro de 1972 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1420 de marzo de 1973 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1529 de maio de 1973 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 165 de marzo de 1974 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1724 de abril de 1974 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 1928 de outubro de 1974 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 2017 de decembro de 1974 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 211 de abril de 1975 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 1 11 de xullo de 1975 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 2218 de setembro de 1975 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 2325 de decembro de 1975 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 247 de abril de 1976 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 2615 de outubro de 1976 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 2 6 de xaneiro de 1977 Vostok-2M ÉxitoMeteor-1 275 de abril de 1977 Vostok-2MÉxitoMeteor-2 3 14 de decembro de 1977 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 4 1 de marzo de 1979 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 5 31 de outubro de 1979 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 6 9 de setembro de 1980 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 7 14 de maio de 1981 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 8 25 de marzo de 1982 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 9 14 de decembro de 1982 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 10 28 de outubro de 1983 Vostok-2M ÉxitoMeteor-2 11 5 de xullo de 1984 Tsiklon-3 ÉxitoKosmos 1612 (Meteor-3 1) 27 de novembro de 1984 Tsiklon-3 Fallo parcial Meteor-2 12 6 de febreiro de 1985 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 1 24 de outubro de 1985 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 13 26 de decembro de 1985 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 14 27 de maio de 1986 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 15 5 de xaneiro de 1987 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 16 18 de agosto de 1987 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 17 30 de xaneiro de 1988 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 2 26 de xullo de 1988 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 18 28 de febreiro de 1989 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 3 24 de outubro de 1989 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 19 27 de xuño de 1990 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 20 28 de setembro de 1990 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 4 24 de abril de 1991 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 5 15 de agosto de 1991 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-2 21 31 de agosto de 1993 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3 6 25 de xaneiro de 1994 Tsiklon-3 ÉxitoMeteor-3M 110 de decembro de 2001Zenit-2ÉxitoMeteor-M 117 de setembro de 2009Soiuz-2-1bÉxitoMeteor-M 28 de xullo de 2014Soiuz-2-1b Fregat-MÉxitoMeteor-M 2-128 de novembro de 2017Soiuz-2-1b Fregat-MFalloMeteor-M 2-25 de xullo de 2019Soiuz-2-1b Fregat-MÉxitoMeteor-M 2-327 de xuño de 2023Soiuz-2-1b FregatÉxitoMeteor-M 2-429 de febreiro de 2024Soiuz-2-1b FregatÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Vostok-2M Tsiklon-3 Zenit-2 Soiuz 2-1b Fregat

Categoría:Satélites artificiais