Bután participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984. En cada edición dos Xogos de Verán até o ano 2008, Bután só enviou arqueiros para competir. O tiro con arco é o deporte nacional de Bután. O primeiro deportista non arqueiro enviado para competir por Bután foi a tiradora Kunzang Choden nos Xogos de 2012. Competiu na proba de rifle de aire a 10 metros. O equipo nacional enviado en 2012 non contaba con ningún home.Bhutan 2012 team. Bután nunca gañou unha medalla olímpica. Malia o feito de que Bután é un país moi montañoso, nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.
O Comité Olímpico de Bután foi creado en 1983 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Os Ánxeles 1984 6 0 0 0 0 – Seúl 1988 3 0 0 0 0 – Barcelona 1992 6 0 0 0 0 – Atlanta 1996 2 0 0 0 0 – Sydney 2000 2 0 0 0 0 – Atenas 2004 2 0 0 0 0 – Pequín 2008 2 0 0 0 0 – Londres 2012 2 0 0 0 0 – Río de Xaneiro 2016 2 0 0 0 0 – Toquio 2020 4 0 0 0 0 – París 2024 3 0 0 0 0 - Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 0 0 –
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Bután nos Xogos Olímpicos