Amparo é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán e co portugués. A súa orixe é o latín vulgar anteparare 'amparar', e significa 'abeiro, defensa, protección'. En galego conta cos hipocorísticos Parucha e Paruca. O seu uso deriva da advocación mariana da Nosa Señora dos Desamparados.
En xaneiro de 2023 existían 2.203 mulleres en Galicia co nome Amparo, cunha media de idade de 70,7 anos.Nome Amparo na Web do Instituto Galego de Estatística
Amparo noutras linguas Aragonés: EmparoEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Catalán: Empar Castelán: Amparo Éuscaro: Jaurne/Balderra/Babesne Portugués: Amparo
Personaxes Amparo Calvo, membro do grupo Saraibas. Amparo Nieto, escritora galega. Amparo Múñoz, actriz española. Amparo Baró, actriz catalá.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos portugueses