Lampris immaculatus é unha especie de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, unha das dúas que comprende na actualidade (2020) o xénero Lampris.Lampris immaculatus Gilchrist, 1904 no WoRMS.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1904 polo ictiólogo suraficano de orixe escocesa John Dow Fisher Gilchrist, baixo o nome de Lampris immaculata.

Etimoloxía Para a do xénero, ver Lampris.

O epíteto específico, immaculatus, fai referencia a que o seu corpo non ten manchas, como o seu conxénere Lampris guttatus.

Sinónimo Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Lampris immaculata Gilchrist, 1904, protónimo desbotado por incorreción gramatical, xa que Lampris é un nome masculino.

Características É un peixe mariño, peláxico, oceánico,Lampris immaculatus Gilchrist, 1904. Southern opah en FishBase. de corpo deprimido lateralmente, de coloracoón de tons azuis e vermellos brillantes e manchas metálicas.

Pode alcanzar até os 110 cm de lonxitude e acadar unha masa corporal de até os 30 kg.Opah. Lampris immaculatus Gilchrist 1904 na EOL.

A aleta dorsal está sustentada por de 55 a 56 raios brandos, e a anal por de 36 a 40 raios igualmente brandos.

Aliméntase de cefalópodos, krill e peixes.Jackson, G .D.; Buxton, N. G. & George, M. J. A. (2000): "Diet of the southern opah Lampris immaculatus on the Patagonian Shelf; the significance of the squid Moroteuthis ingens and anthropogenic plastic". Marine Ecology Progress Series 206: 261-271.

Distribución e hábitat A súa distribución é cosmopolita, encontrándose nos mares austrais desde os 34° S até os 69° S (no límite da fronte polar antártica), a profundidades de entre os 50 e os 500 m.Gon, O. & Heemstra, Phillip C (1990): Fishes of the southern ocean Grahamstown, South Africa : J.L.B. Smith Institute of Ichthyology. ISBN 0-8661-0211-3,pp. 215-217. A maioría das capturas fixéronse ao sur dos 40° S.Heemstra, P. C. (1986): "Lampridae". En: Smith, Margaret M. & Heemstra, Phillip C (eds.) Smith's Sea Fishes. Berlín/Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4.

Ameazas Non se coñecen ameazas importantes para esta especie. Porén, parece que segue aos barcos pesqueiros para alimentarse das especies desbotadas, o que pode afectar o seu comportamento de busca e provocar unha inxestión considerábel de plásticos.

Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie que habita en augas profundas está amplamente distribuída, e aínda que se pode tomar como captura accesoria nas pescarías de palangre e arrastre, non se coñecen ameazas importantes e non se sabe se a pesca está causando descensos a nivel mundial neste momento; polo tanto, cualifícase o status da especie como LC (pouco preocupante).Moore, J. (2019): Lampris immaculatus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de setembro de 2020.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nelson, J. S. et al. (2016): Fishes of the world. Quinta edición. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.

Outros artigos Lámpridos Lampris

Ligazóns externas Opah. Lampris immaculatus Gilchrist 1904 na EOL.

Categoría:Teleósteos