A acromatopsia é unha patoloxía conxénita do sistema visual que se manifesta por unha ausencia de visión das cores nunha parte ou na totalidade do campo visualOrrin Devinsky, Mark D'Esposito Neurology of Cognitive and Behavioral Disorders. Oxford University Press US, 21ª ed, 2004, páxina 137. A acromatopsia total é rara e para o que a padece todo semella grisallo, pode ser unha acromaptopsia conxénita ou unha acromaptopsia cerebral de se producir despois dunha lesión cerebralColin David Rudolph Rudolph's Pediatrics. McGraw-Hill Professional, 21ª ed, 2002, páxina 2392. A acromatopsia parcial ou febleza cromática consiste en non poder percibir certas cores, a máis frecuente é a que afecta as cores verde e vermellaDavid Taylor Paediatric ophthalmology. Wiley-Blackwell, 2ª ed., 1997, páxina 560 que se observan como se fosen a mesma cor, xeralmente dunha cor amarela pardacenta. Esta perda vencéllase a un xene recesivo que só aparece nos cromosomas X e polo tanto a incidencia os homes é moito maior ca entre as mulleres.David R. Shaffer Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Cengage Learning Editores, 7ª ed, 2007, páxina 561

Notas

Categoría:Doenzas conxénitas Categoría:Cores Categoría:Vista