Non confundir co numismático británico Michael Metcalf

William Edwards Metcalf, nado en East Grand Rapids, Míchigan, o 16 de decembro de 1947 e finado en Silver Spring, Maryland, o 2 de agosto de 2025, foi un numismático estadounidense e historiador da Antigüidade, experto na moeda da Antiga Roma e, máis concretamente, na moeda provincial romana.Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018). Páxinas vii, viii."Curriculum Vitae of William E. Metcalf ". Yale University Art Gallery."William E. Metcalf (1947–2025)". American Numismatic Society (numismatics.org).

Traxectoria Metcalf cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan: primeiro graduouse en Latín (Bachelor of Arts) en 1969, con distinción honorífica; logo en Estudos Clásicos (Master of Arts) en 1970, e finalmente acadou o doutoramento, tamén en Estudos Clásicos, en 1973. Nesa universidade tivo profesores como o eminente numismático T. V. Buttrey."ANS Record Group 2: Curatorial. Series 18: William E. Metcalf curator correspondence ". American Numismatic Society.

En canto obtivo o grao de doutor, ingresou como conservador axudante de moeda romana e de moeda bizantina na American Numismatic Society (ANS), en Nova York, posto que ocupou ata 1975, cando foi ascendido a conservador asociado. En 1978 pasou a ser conservador xefe adxunto e, finalmente, en 1979 foi nomeado conservador xefe, sucedendo no posto a Margaret E. Thompson, onde permaneceu ata 2000. A partir dese momento foi conservador honorario e membro permanente da ANS.

Metcalf foi tamén profesor visitante, adxunto ou asociado en diversas institucións académicas de prestixio, como a Universidade de Columbia, a Universidade de Princeton, a Universidade de Padua, o Bryn Mawr College (Pensilvania), a Universidade Rutgers (Nova Jersey) ou a Universidade de Nova York.

No ámbito universitario, foi tamén conservador de moedas e medallas na Universidade Yale e profesor adxunto de Estudos Clásicos nesa mesma universidade en 2002. En 2007, o posto de conservador en Yale tomou o nome honorífico de Ben Lee Damsky, e Metcalf ocupouno ata o seu retiro en 2014.

William E. Metcalf formou parte do consello editorial da revista numismática suíza Schweizerische Numismatische Rundschau."Editorial Board ". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.

Metcalf finou o 2 de agosto de 2025, aos 77 anos,"William E. Metcalf (1947-2025) ". American Numismatic Society (Numismatics.org).Amandry, M. (2025). "Décès de William E. Metcalf (1947-2025)". Société fraçaise de numismatique (Sfnumismatique.org). na súa residencia familiar en Silver Spring, Maryland."Dr. William Edwards Metcalf Obituary". Collinsfuneralhome.com

Recoñecementos (1988): Membro do Instituto para o Estudo Avanzado, de Princeton."William E. Metcalf". Institute for Advanced Study. (1998): Membro da Sociedade de Anticuarios de Londres."Fellows: Dr William Metcalf ". Society of Antiquaries of London. (2008): Jeton de Vermeil, da Société française de Numismatique, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). (2024): Medalla Huntington, da American Numismatic Society."ANS Announces 2024 Huntington Award to William E. Metcalf ". American Numismatic Society (Numismatics.org). 26 de xullo de 2024.

En 2008, o Archaeological Institute of America elixiuno como protagonista da súa tradicional serie anual de conferencias."William E. Metcalf Lectures In Numismatics ". Archaeological Institute of America.

A Sociedade Numismática Austríaca nomeouno membro de honra."Ehrenmitglieder ". Österreichische Numismatische Gesellschaft.

Ademais, en 2018, a American Numismatic Society editou na súa honra unha publicación conxunta titulada Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf.Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018)."[https://coinsweekly.com/concordia-disciplinarum-festschr ift-in-honor-of-william-e-metcalf/ Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf]". En Coins Weekly. 12 de setembro de 2019."Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf". American Numismatic Society.

Publicacións Ao longo da súa traxectoria académica, William E. Metcalf foi autor de numerosas publicacións, entre libros e artigos en revistas especializadas."Metcalf, William Edwards ". Digital Library Numis. Esta é unha escolma das monografías máis salientables das publicadas por William E. Metcalf ao longo da súa traxectoria académica:"Metcalf, William E.". WorldCat.

(1980). The Cistophori of Hadrian. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897220040 (1989). America's gold coinage. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222389 (1992). The Silver Coinage of Cappadocia, Vespasian-Commodus. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 0-89722-254-7 (1996). . American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0897222549 (2012). The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage (editor). Oxford University Press. ISBN 9780195305746 (2017). The Later Republican Cistophori. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223478

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018). Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf. American Numismatic Society. Numismatic Studies 38. ISBN 978-0-89722-357-7

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres