Irma Prego, nada en Granada (Nicaragua) o 8 de abril de 1933 e finada en San Xosé (Costa Rica) o 11 de outubro de 2000, foi unha escritora nicaraguana, referente da narrativa centroamericana. Recoñecida no 1984 co Premio Xogos Florais de Quetzaltenango na modalidade de conto.
Traxectoria Naceu en Granada (Nicaragua) en 1933, pero trasladouse a vivir a Costa Rica aos 32 anos. Na década de 1940, cando era algo estrañísimo no seu país ver unha muller en pantalóns, a escritora lucía roupa de home.
Foi membro do Centro Nicaraguano de Escritores. Faleceu o 11 de outubro de 2000 dun ataque ao corazón. Obra A obra de Irma Prego comprende 35 contos e viñetas recompilados en dúas coleccións. A primeira colección, publicada en 1987, leva por título o nome do conto que pecha a colección: Mensajes al más allá. A segunda colección é inédita e contén dez contos incluído o titulado Agonice con elegancia que dá nome ao compendio.
A literatura de Prego, aínda que pouco coñecida, é valorada pola crítica e obxecto de estudo académico, ademais de formar parte das compilacións de narrativa centroamericana.
Premios e recoñecementos O seu libro de contos Mensajes al más allá recibiu en 1984 o premio Xogos Florais de Quetzaltenango, Guatemala. En 1992 a súa obra Agonice con elegancia recibiu unha Mención honorífica no certame Una Palabra da Universidade Nacional de Heredia, Costa Rica.
Obra parcial Mensajes del más allá (1989) Agonice con elegancia (1996)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Las mujeres de Irma Prego
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Costa Rica Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Granada, Nicaragua