O Comité Olímpico Nacional Italiano (en ) é o organismo responsábel do desenvolvemento e administración das actividades deportivas en Italia. Foi fundado en 1914 e é un membro do Comité Olímpico Internacional (COI). Dentro de Italia, recoñece 45 federacións deportivas, 16 asociacións, 12 organizacións de promoción do deporte, unha organización territorial e 19 organizacións para a mellora do deporte. En total, conta con 95 000 clubs e 11 millóns de membros afiliados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Italia nos Xogos Olímpicos Ligazóns externas Páxina oficial
Italia Categoría:Italia nos Xogos Olímpicos