Sundsvall (saami meridional Sjädtavallie) é unha cidade sueca capital do municipio de Sundsvall, no condado de Västernorrland. Con 58 955 habitantes no ano 2019,Statistiska tätorter 2018 – befolkning, landareal, befolkningstäthet, Statistiska centralbyrån. Sundsvall é a vixésimo primeira cidade máis grande de Suecia, a terceira máis grande de Norrland (tras Umeå e Gävle) e a principal cidade de Västernorrland.

Etimoloxía Sundsvall recibiu o seu nome na carta de privilexio de 1621 polo previo pasto aberto (vall) que se atopaba ao sur do río Selångersån, que pertencía ao pobo de Sund,Hellquist, Elof (1922). Svensk etymologisk ordbok. Lund: C. W. K. Gleerups förlag. p. 907 unha poboación con catro granxeiros ao noroeste de Åkroken onde no presente se atopa a Mittuniversitetet. Nese lugar o río estreitábase formando un estreito (sund en sueco) xusto antes de desembocar na ría de Sundsvall.

Notas

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Västernorrland