Juana Domínguez Manso, coñecida como Juana de Aizpuru, nada en Valladolid o 22 de agosto de 1933, é unha galerista de arte española, pioneira do coleccionismo de arte contemporánea en España, que desenvolveu o seu labor principalmente en Andalucía e Madrid.
Foi a creadora e directora de ARCO, a feira de arte contemporánea máis importante a nivel estatal, dirixíndoa desde a súa creación en 1982 até 1986. Presidiu a Asociación Española de Galerías de Arte Contemporánea e é membro da Xunta Directiva da Federación Española de Galerías de Arte. En 2003 creou a Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (BIACS), sendo a súa primeira directora.
É Filla Predilecta de Andalucía, conta coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes tamén foi nomeada Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia.
Traxectoria Naceu en Valladolid e trasladouse na súa infancia a vivir a Madrid. En 1955 contraeu matrimonio con Juan Aizpuru, trasladándose a vivir a Sevilla, onde en 1970 abriu a galería Juana de Aizpuru, que mantivo durante máis de trinta anos até que a pechou en 2002. Entre 1977 e 1983 realizou un labor de axuda e mecenado a novos artistas andaluces, creando a bolsa Juana de Aizpuru.
En 1979 propuxo a Ifema facer unha Feira, inaugurada en febreiro de 1982 co nome de ARCO, Feira Internacional de Arte Contemporánea de Madrid. Foi a súa directora até 1986, cando dimitiu, e foi relevada por Rosina Gómez Baeza. En 1983 abriu a súa galería en Madrid e en 1991 foi elixida presidenta da Asociación Española de Galerías de Arte Contemporánea (actualmente chamado Consorcio de Galerías de Arte Contemporánea) e membro da Xunta Directiva da Federación Española de Galerías de Arte.
En 2004, creou a Bienal Internacional de Arte Contemporánea de Sevilla (BIACS) e dimitiu en 2005 por mor de desacordos con varias decisións da Fundación que a dirixía. Finalmente, a Bienal houbo de pechar na súa terceira edición a causa das débedas e, aínda que a galerista, que era Presidenta de Honor do Padroado, foi exculpada, varios xestores e patróns foron inhabilitados durante dous anos por mala xestión.
En 2012, realizou unha doazón da varias obras de artistas andaluces para seren expostas no Centro Andaluz de Arte Contemporánea (CAAC) de Sevilla.
Recoñecementos
1985, Medalla de Ouro ás Belas Artes de Andalucía. 1997, Medalla de Ouro de Belas Artes 2008, Medalla "Caballero de la Orden de las Artes y las Letras de Francia". 2011, Filla Predilecta de Andalucía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio da Galería Juana de Aizpuru
Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1933 Categoría:Coleccionistas de arte