Down in the Weeds, Where the World Once Was é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 21 de agosto de 2020 a través do selo Dead Oceans. O lanzamento marca o primeiro proxecto do grupo en case unha década, tras a edición de The People's Key (2011). Trátase tamén do seu primeiro álbum en non ser lanzado polo selo Saddle Creek Records. O disco gravouse nos ARC Studios de Omaha e Electro-Vox e Capitol Studios dos Ánxeles e conta con contribucións do batería Jon Theodore e o baixista de Red Hot Chili Peppers Flea, que anteriormente traballaran xa xuntos na estrea de The Mars Volta De-loused in the Comatorium (2003).
O álbum foi precedido por catro sinxelos: "Persona Non Grata", "Forced Convalescence", "One and Done", e "Mariana Trench". O disco está dedicado ao irmán de Oberst, Matt, que morreu en novembro de 2016.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bright Eyes Categoría:Álbums musicais de 2020 Categoría:Álbums de Dead Oceans