O Nepal competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1968. O país tamén participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos de Inverno. Tejbir Bura, cidadán nepalí, gañou unha medalla olímpica de ouro en alpinismo nos Xogos Olímpicos de 1924 como parte da expedición británica ao Everest de 1922. Como outros deportistas de distintas nacionalidades compoñían o equipo de expedición, a medalla foi para o Equipo Mixto. Este evento e as honras non aparecen na páxina web do Comité Olímpico Internacional. O deportista nepalés de taekwondo, Bidhan Lama, gañou un bronce nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl. Porén, non aparece na lista oficial porque o taekwondo era un deporte de exhibición durante os Xogos de Seúl.
O Comité Olímpico do Nepal foi creado en 1962 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1963.
Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosDeportistasOuroPrataBronceTotalPosto Toquio 1964 6 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 non participou Múnic 1972 1 0 0 0 0 – Montreal 1976 1 0 0 0 0 – Moscova 1980 13 0 0 0 0 – Os Ánxeles 1984 10 0 0 0 0 – Seúl 1988 16 0 0 0 0 – Barcelona 1992 2 0 0 0 0 – Atlanta 1996 6 0 0 0 0 – Sydney 2000 5 0 0 0 0 – Atenas 2004 6 0 0 0 0 – Pequín 2008 8 0 0 0 0 – Londres 2012 5 0 0 0 0 – Río de Xaneiro 2016 7 0 0 0 0 – Toquio 2020 5 0 0 0 0 – París 2024 7 0 0 0 0 - Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 0 0 0 0 –
Medallas nos Xogos de Inverno XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Salt Lake City 2002 1 0 0 0 0 – Turín 2006 1 0 0 0 0 – Vancouver 2010 1 0 0 0 0 – Sochi 2014 1 0 0 0 0 – Pyeongchang 2018 non participou Pequín 2022 Milán-Cortina d'Ampezzo 2026 evento futuro Total 0 0 0 0 –
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nepal nos Xogos Olímpicos