My Woman, (estilizado como MY WOMAN), é o terceiro álbum de estudio da cantautora estadounidense Angel Olsen, publicado o 2 de setembro de 2016 a través do selo Jagjaguwar. O disco, producido por Olsen e Justin Raisen, estivo acompañado dos vídeos musicais das cancións "Intern", "Shut Up Kiss Me", e "Sister", todos eles dirixidos ou codirixidos por Olsen.
Gravación My Woman gravouse nos Vox Studios dos Ánxeles co produtor Justin Raisen. O álbum estruturouse como caras dun disco de vinilo: "Nunha cara, é como se estiveses tendo un día alegre e quixeses probar algo máis axitado. Pero entón, se sintes que as cousas se ralentizan e queres algo máis reflexivo escoitas a cara B". Con respecto aos temas do álbum, Olsen dixo que My Woman aborda "a complicada desorde de ser muller".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Angel Olsen Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums producidos por Justin Raisen Categoría:Álbums de Jagjaguwar