Laura Elizabeth Ingalls, nada no condado de Pepin (Wisconsin) o 7 de febreiro de 1867 e finada en Mansfield (Missouri) o 10 de febreiro de 1957, foi unha novelista estadounidense. Na década de 1930, con 65 anos, Ingalls narrou en varios libros a súa infancia como pioneira, entre os que Little House on the Prairie foi o que acadou maior éxito. En 1973 adaptouse nunha serie de televisión que durou nove temporadas.

Traxectoria esquerda|miniatura|Caroline e Charles Ingalls Laura Elizabeth Ingalls naceu nos "Grandes Bosques" de Wisconsin. Foi a segunda filla do matrimonio formado por Charles Phillip Ingalls e Caroline Lake Quiner. Os Wilder descendían da antiga familia Delano, á que pertenceu o presidente Franklin Delano Roosevelt e outras ilustres personaxes. Trala súa vida inicial en Wisconsin, a familia Ingalls vaixou cara ao Oeste a través dos estados de Kansas, Minnesota e Dacota. Laura, alumna brillante e intelixente, tivo unha escolarización esporádica e irregular a causa da vida itinerante da súa familia.

Contraeu matrimonio aos dezaoito anos, o 25 de agosto de 1885, con Almanzo James Wilder no territorio de Dacota.Timeline de Laura Ingalls Wilder Compraron un terreo de 200 hectáreas que foron agrandando; vinte anos despois chegou ás 800 ha.

Tiveron unha filla, Rose Wilder Lane, e despois un fillo que morreu aos doce días. Posteriormente as desgrazas encadeáronse: Almanzo enfermou de difteria e quedou parcialmente paralítico. Ao pouco, a súa casa e granxa foron consumidas polo lume,Miller 1998, p. 80. e moitos anos de seca deixáronos endebedados. Incapaces de gañar a vida, os Wilder quedaron un ano na casa dos pais de Almanzo en Spring Walley (Minnesota), ata que puideron restablecerse. En 1891 instaláronse brevemente en Westville (Florida), onde vivía un primo de Laura, coa fin de mellorar a saúde de Almanzo, mais como ela non aturaba a calor e a humidade tiveron que volver ás chairas de De Smet (Dacota do Sur), onde mercaron unha pequena casa. En 1894 asentáronse definitivamente en Mansfield, Missouri, onde compraron unha parcela de terra e construíron unha casa que chamaron Rocky Ridge Farm. Alí concluíron a súa existencia dedicados á cría de aves e ao cultivo de árbores froiteiras. Laura comezou a escribir artigos para o Missouri Ruralist e outras revistas e a súa filla convenceuna de que escribise as súas memorias, Pioneer Girl."Pioneer Girl is out!". 21 de novembro de 2014. Pioneer Girl Project (pioneergirlproject.org). South Dakota Historical Society Press. Consultado o 15 de outubro de 2015.

En 1932 comezou a escribir a serie de novelas autobiográficas que se converteron en Little House on the Prairie. Dise que as primeiras ideas de escribir viñeron da súa nai. O seu avó, trala morte da súa esposa, tamén escribira un libro.

Laura Ingalls morreu aos noventa anos, en 1957.

Obras Serie Little House on the Prairie Little House in the Big Woods, 1932 Farmer Boy, 1933 Little House on the Prairie, 1935 On the Banks of Plum Creek, 1937 By the Shores of Silver Lake, 1939 The Long Winter, 1940 Little Town on the Prairie, 1941 These Happy Golden Years, 1943 The First Four Years, 1971, póstuma miniatura|180px|Laura e Almanzo Wilder en 1885

Outras obras On the Way Home (1962, póstumo) – diario do movemento dos Wilder dende De Smet, Dacota do Sur) a Mansfield, Missouri, editado por Rose Wilder Lane"On the Way Home: The Diary Of A Trip From South Dakota To Mansfield, Missouri, In 1894". Kirkus Reviews. 1 de novembro de 1962. Consultado o 2 de outubro de 2015. West from Home (1974, post.) – cartas de Laura a Almanzo mentres visitaba a Rose en San Francisco"West From Home: Letters Of Laura Ingalls Wilder, San Francisco, 1915". Kirkus Reviews. 1 de marzo de 1974. Consultado o 2 de outubro de 2015. Little House in the Ozarks: The Rediscovered Writings (1991) The Road Back (parte de A Little House Traveler: Writings from Laura Ingalls Wilder's Journeys Across America) – rexistro inédito de Laura dunha viaxe de 1931 con Almanzo a De Smet e ás Black Hills A Little House Sampler (1988 ou 1989) - con Rose Wilder Lane, editado por William Anderson Writings to Young Women (vol. 1: On Wisdom and Virtues, vol. 2: On Life As a Pioneer Woman, vol. 3: As Told By Her Family, Friends, and Neighbors) A Little House Reader: A Collection of Writings (1998)"A Little House Reader: A Collection of Writings by Laura Ingalls Wilder". Kirkus Reviews. 15 de decembro de 1997. Consultado o 2 de outubro de 2015. Laura Ingalls Wilder & Rose Wilder Lane (1992) – cartas intercambiadas entre Laura e Rose Little House in the Ozarks: The Rediscovered Writings Laura's Album (1998) – libro de lembranzas de Laura, editado por William Anderson Pioneer Girl: The Annotated Autobiography (2014) - autobiografía Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1911 - 1916: The Small Farm Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1917 - 1918: the War Years Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1919 - 1920: The Farm Home Before the Prairie Books: The Writings of Laura Ingalls Wilder 1921 - 1924: A Farm Woman Laura Ingalls Wilder's Most Inspiring Writings Laura Ingalls Wilder: A Pioneer Girl's World View: Selected Newspaper Columns (Little House Prairie Series)

Na ficción Realizáronse múltiples adaptacións do libro Little House on the Prairie. Nelas Wilder foi interpretada por: Melissa Gilbert na serie de televisión da década de 1970 e os seus filmes secuela (1974–1984) Kazuko Sugiyama (voz) na serie de anime xaponesa Laura, The Prairie Girl (1975–1976) Meredith Monroe, Tess Harper, Alandra Bingham, Michelle Bevan en distintos momentos da súa vida nos telefilmes Beyond the Prairie: The True Story of Laura Ingalls Wilder (2000 e 2002) Kyle Chavarria na miniserie Little House on the Prairie (2005) Kara Lindsay no musical Little House on the Prairie'' (2008–2010)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

– Edition: illustrated, reprint, revised; 427 pp.; selections and bibliographic data consultado en Google Books o 15 de outubro de 2015.

Ligazóns externas Laura Ingalls Wilder in MNopedia, the Minnesota Encyclopedia Beyond Little House - Laura Ingalls Wilder Legacy and Research Association Laura Ingalls Wilder, Frontier Girl Travel map of Laura Ingalls Wilder - A map showing Laura Ingalls Wilder's travels from her birth in 1867 to 1894. About the Ingalls Family (Sarah S. Uthoff) Western American Literature Research: Laura Ingalls Wilder Laura Ingalls Wilder: An American Fixture (Pamela Smith Hill)

Museos Laura Ingalls Wilder Historic Home & Museum, Mansfield, Missouri Laura Ingalls Wilder Museum, Walnut Grove, Minnesota Laura Ingalls Wilder Park & Museum, Burr Oak, Iowa

Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de literatura infantil dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América