A Federación das Indias Occidentais (en ;The Failure of the West Indies Federation tamén coñecida como West Indies,The West Indies gazette: Chapter I of the ConstitutionWest Indies (Federation) Order in Council 1957 ou Federation of the West Indies)United States Defense Areas in the Federation of the West Indies: Agreement, with Annexes, Between the United States of America and the Federation of the West Indies Signed at Port of Spain February 10, 1961 foi unha unión política de curta duración que existiu dende o 3 de xaneiro de 1958 até o 31 de maio de 1962. Varias illas do Caribe que foron colonias do Reino Unido, incluíndo Trinidad e Tobago, Barbados, Xamaica, e as Illas de Sotavento e Barlovento Británicas, xuntáronse na forma dunha federación, coa súa capital en Porto de España. O obxectivo da Federación era crear unha unidade política que puidese independizarse do Reino Unido como un único estado, semellante á Confederación Canadense, á Australian Commonwealth ou á Federación de Rodesia e Nyasalandia; porén, antes de que puidese acontecer, a Federación colapsou por mor de conflitos políticos internos sobre a maneira na que debía ser gobernada. A formación da Federación das Indias Occidentais foi promovida polo Reino Unido, mais tamén foi requirida polos nacionalistas das Indias Occidentais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Federación das Indias Occidentais nos Xogos Olímpicos

Categoría:Federación das Indias Occidentais Categoría:Independentismo no Reino Unido Categoría:Confederacións desaparecidas