Para o escritor escocés chamado igual, véxase a páxina de homónimos George MacDonald (escritor)
George MacDonald, nado o 30 de xaneiro de 1862 en Elgin, Escocia, e finado o 9 de agosto de 1940 en Edimburgo, foi un numismático e arqueólogo británico, especialista en moeda grega e romana, e na Muralla de Antonino.
Traxectoria George era fillo de James MacDonald, epigrafista, arqueólogo e mestre na escola de Elgin, e de Margaret Raff."George MacDonald". Ancestry."Macdonald, Sir George (1862-1940)". En Oxford Dictionary of National Biography. Cando o seu pai foi trasladado á escola de Ayr desprazouse toda a familia e alí foi onde George recibiu a súa educación primaria.Russel, J. (2006) .
Na súa xuventude formouse en Alemaña e en Francia, e despois na Universidade de Edimburgo e no Balliol College, da Universidade de Oxford, onde se graduou cun mestrado en 1887.
Logo dos seus estudos universitarios, foi profesor de Cultura Clásica na Kelvinside Academy, de Glasgow, e en 1892 comezou a impartir clases de lingua grega na Universidade de Glasgow, como axudante de Gilbert Murray.
Na mesma cidade, entre 1892 e 1904 encargouse da catalogación da colección de moeda grega do Museo Hunterian, que en agradecemento o nomeou en 1905 conservador nonorario a título vitalicio.
MacDonald participou en escavacións arqueolóxicas desde 1902, a partir da que tivo lugar no forte romano en Bar Hill, na Muralla de Antonino.Véxase (1906) en "Bibliografía. Monografías". Nos seus traballos de campo e nas escavacións caracterizouse por empregar metodoloxía e equipamentos científicos que achegaron novas descubertas á historia británica da época romana.Breeze, D. J. (2006). The Antonine Wall. John Donald. ISBN 9780859766555 A súa obra The Roman Wall in Scotland (1911, revisada en 1934)Véxase (1911) en "Bibliografía. Monografías". resultou moi relevante por reunir nun único volume todos os sitios arqueolóxicos daquela coñecidos na zona."The Wall After the Romans ". The Antonine Wall.
En 1904 MacDonald abandonou o mundo académico para asumir inicialmente o posto de subsecretario do Departamento de Educación de Escocia, e en 1922 foi ascendido a secretario. Entre os seus logros neste terreo destaca por establecer o Leaving Certificate Examination (unha certificación da educación secundaria) e por introducir en Escocia o primeiro plan de xubilación para profesores.
George MacDonald retirouse en 1928.Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002. Part two . The Royal Society of Edinburgh. 2006. Páxina 573. ISBN 0 902 198 84 X Na súa honra, en 1932 publicouse un volume especial do Journal of Roman Studies (22). miniatura|Tumba de George MacDonald no cemiterio Dean de Edimburgo. Ao longo da súa carreira, MacDonald formou parte de diversas institucións, en ocasións en postos de responsabilidade, entre elas a Real Sociedade de Edimburgo. No período 1921-1926 presidiu a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos, e entre 1935 e 1936 a Royal Numismatic Society. De 1927 a 1930 formou parte da Comisión Real de Museos e Galerías Nacionais. Tamén presidiu a Comisión Real de Monumentos Artísticos e Históricos de Escocia, desde 1934 ata o seu pasamento. De 1933 a 1940 foi o presidente da Sociedade de Anticuarios de Escocia.
No relativo á súa vida familiar, casou en 1897 con Margaret Tannahill Younger (1857-1951), con quen tivo tres fillos: George Henry (1899-1899), Isabel Margaret (1900-1927) e James (1902-1960).
Macdonald morreu en Edimburgo o 9 de agosto de 1940, e foi soterrado, xunto coa súa familia, na extensión feita no século XX no cemiterio Dean en Queensferry Road, no oeste da cidade. Legou á biblioteca da Universidade de Edimburgo arredor de 200 libros sobre arqueoloxía clásica."George Macdonald". The University of Edinburgh.
Recoñecementos (1905): Conservador honorario do Museo Hunterian, de Glasgow. (1907): Premio Allier de Hauteroche, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París. (1913). Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1925): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1927): Cabaleiro comendador da Orde do Baño.
Ademais, MacDondald foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Oxford, de Cambridge, de Glasgow e de Edimburgo.
Publicacións
Monografías (1899). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume I. University of Glasgow. (1901). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume II. University of Glasgow. (1905). Catalogue of Greek Coins in the Hunterian Collection. Volume III. University of Glasgow. (1905). Coin Types: Their Origin and Development. University of Glasgow. (1906). The Roman Forts on the Bar Hill (con A. Park). University of Glasgow. (1911). The Roman Wall in Scotland. University of Glasgow. [Edición revisada en 1934]. (1916). The evolution of coinage. Cambridge University Press. (1920). The silver coinage of Crete: a metrological note. British Academy, Londres.
Escolma de artigos (1899). "The amphora letters on coins of Athens". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. 19. Páxinas 288-321. (1903). "Early Seleucid portraits (I)". En Journal of Hellenic Studies. 23. Páxinas 92-116. (1907). "Early Seleucid portraits (II)". En Journal of Hellenic Studies. 27. Páxinas 145-159. (1912). "Seltene und unedirte Seleukidenmünzen". En Zeitschrift für Numismatik. 29. Páxinas 89-106. (1918). "Roman coins found in Scotland (I)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 52. Páxinas 203-276. (1924). "Roman coins found in Scotland (II)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 58. Páxinas 325-329. (1934). "Roman coins found in Scotland (III)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 68. Páxinas 27-40. (1939). "Roman coins found in Scotland (IV)". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 73. Páxinas 241-272. (1939). "The building of the Antonine Wall: a fresh study of the inscriptions". En Journal of Roman Studies. 11. Páxinas 1-24.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Anderson, J. G. C. (1940). "Sir George Macdonald: a bibliographical supplement". En Journal of Roman Studies. 30. Páxinas 129-132. Curle, A. O. (1940). "Sir George Macdonald, K.C.B., 1862-1940: A Memoir". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 74. Páxinas 123-132. Curle, A. O. (1941). "Sir George Macdonald, 1862-1940". En Proceedings of the British Academy. 27. Páxinas 433-451. Richmond, I. A. (1941). "Sir George Macdonald". En Archaeologia Aeliana. 4ª serie. 19- Páxinas 177-187. Russel, J. (2006). "Les grans numismates: George Macdonald (1862-1940; Kt 1927) ". En Compte rendu 53. International Numismatic Council. Páxinas 27-29.
Categoría:Nados en 1862 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1940 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Glasgow Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Cambridge Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Oxford Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Glasgow Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Edimburgo Categoría:Personalidades sen imaxes