Pierre Bastien, nado o 9 de marzo de 1912 en Lille, Alta Francia, e finado o 13 de maio de 2010 en Princeton, Nova Jersey, foi un cirurxián e numismático francés, especializado na moeda imperial romana.Gautier, G. (2011). Páxina 7.
Traxectoria Pierre Bastien exerceu como cirurxián en Dunkerque ata a súa xubilación en 1977, data en que se reuniu cos seus fillos nos Estados Unidos, onde estes residían, e onde faleceu en 2010.Gautier, G. (2011). Páxina 9. Alí residía en Cranbury (logo chamado West Windsor Township) en Nova Jersey, preto da Universidade de Princeton e da American Numismatic Society.Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxina 11.
Foi un coleccionista privado a partir de 1955, especializado na numismática do Imperio Romano, o que o levou a comezar a redacción dun catálogo das emisións monetarias do emperador Magnencio. Os seus estudos quedaron plasmados en diferentes comunicacións, artigos e traballos monográficos acerca da moeda imperial, entre as que destacan pola súa abundancia e o seu detalle as dedicadas ao obradoiro monetario de Lugdunum.Véxase (1972-1989) en "Publicacións. Monografías". Tamén son salientables os seus estudos acerca dos bustos monetarios dos emperadores, aos que lles dedicou tres volumes.Véxase (1992, 1993, 1994) en "Publicacións. Monografías". As súas publicacións estendéronse ata 1995, cando a cegueira progresiva lle impediu continuar.Gautier, G. (2011). Páxina 10.
Entre 1965 e 1967 ocupou a presidencia da Société française de numismatique, logo de exercer como tesoureiro durante varios anos.Gautier, G. (2014). Páxina 17.
Pierre Bastien puxo en venda a súa colección de moeda romana en tres lotes: en outubro de 1982 en Basilea (929 moedas de bronce do baixo Imperio); en 1984 na American Numismatic Society, en Nova York (2.225 moedas do Imperio tardío, de Diocleciano a Honorio), e en 1985 novamente en Basilea, as moedas provinciais romanas.Arnold-Biucchi, C. (2014). Páxinas 13-14.
A súa abundante correspondencia estivo depositada no Museo Monetario Cantonal de Lausana, en tanto que os seus documentos de traballo, as súas reproducións de pezas e os cadernos dos seus estudos sobre a ceca de Lugdunum e sobre os bustos monetarios imperiais están depositados e poden consultarse no Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia, en París.Gautier, G. (2014). Páxina 18.
Recoñecementos Desde 1986 foi membro honorario da Comisión Internacional de Numismática, e mereceu outras distincións, como a de membro correspondente da Academia Británica (1977)"Deceased Fellows". British Academy. e a de Patron da American Numismatic Society.
Premios (1970): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1975): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1990): Premio Derek Allen, da Academia Británica."Derek Allen Prize". The British Academy.
Publicacións Pierre Bastien foi un prolífico autor de artigos publicados en revistas numismáticas da súa época e tamén de diversos estudos monográficos. Esta é unha escolma das súas publicacións máis representativas:"Bastien, Pierre 1912-2010 ". Digital Library Numis.
Monografías (1964). Le Monnayage de Magnence (350-353). Éd. Cultura, Wetteren.Recensión da obra por M. Thirion en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 43-3. 1965. Páxinas 1.033-1.038. (1972-1989). Le Monnayage de l'atelier de Lyon. Éd. numismatique romaine, Wetteren. (1972). Dioclétien et ses corégents avant la réforme monétaire (285-294).Recensión da obra por J. Lafaurie, en Revue Numismatique. 14. 1972. Páxinas 283-286. (1976). De la réouverture de l’atelier par Aurélien à la mort de Carin (fin 274-mi-285).Recensión da obra por HH en Revue Numismatique. 20. 1978. Páxinas 187-188. (1980). De la réforme monétaire de Dioclétien à la fermeture temporaire de l’atelier en 316 (294-316) (con G. Gautier).Recensión da obra por M. Amandry, en Revue Numismatique. 23. 1981. Páxina 158. (1982). De la réouverture de l’atelier en 318 à la mort de Constantin (318-337).Recensión da obra por J. P. Callu, en Revue belge de Philologie et d'Histoire. 64-1. 1986. Páxinas 206-207. (1985). De la mort de Constantin à la mort de Julien (337-363).Recensión da obra por R. Delmaire en Revue du Nord. 276. 1988. Páxinas 208-210. (1987). Du règne de Jovien à la mort de Jovin (363-413).Recensión da obra por D. Gricourt en Revue du Nord. 280. 1989. Páxinas 271-273. (1989). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément (con M. Amandry e G. Gautier). (2003). Le monnayage de l'atelier de Lyon (274-413), supplément II (con M. Amandry e G. Gautier). (1992, 1993, 1994). Le buste monétaire des empereurs romains. Éd. numismatique romaine, Wetteren. 3 volumes.Recensión da obra por C. Evers en L'Antiquité Classique. 69. 2000. Páxinas 554-557.
Artigos (1958). "Médaillon d'or inédit de Constantin II". En Revue Belge de Numismatique. 104. Páxinas 35-43. (1960). "Les émissions de l'atelier de Lyon en 293 et 294". Revue Numismatique. 6ª serie. 2. Páxinas 75-111. (1961). "Monnaies romaines présentant une effigie en creux sous l'image du revers". En Revue Belge de Numismatique. 107. Páxinas 13-21. (1965). "Discours inaugural des cérémonies du centenaire de la Société française de numismatique le jeudi 3 février 1965". En Revue numismatique. Páxinas 7-15. (1968). "Date d'émission de deux aurei de Maximien Hercule frappés à Trèves ". En Revue Numismatique. 6ª serie. 10. Páxinas 297-302. (1972): "Les multiples d'or, de l'avènement de Dioclétien à la mort de Constantin : essai de classement métrologique". En Revue Numismatique. 6ª serie. 14. Páxinas 49-82. (1977). "Le début du monnayage de Constantin Auguste à l'atelier de Lyon". En Revue Numismatique. 6ª serie. 19. Páxinas 62-67. (1981). "Trésor de ‘solidi’ et de ‘siliquae’ de la période valentinienne". En Revue Belge de Numismatique. 127. Páxinas 47-73.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Société française de numismatique
Bibliografía Arnold-Biucchi, C. (2014). "Pierre Bastien, le collectionneur. Hommage personnel". En Revue numismatique. 6ª serie. 171. Páxinas 11-15. Doyen, J-M. (2010). "Portrait d’un médecin hors du commun : Pierre Bastien (9 mars 1912 - 13 mai 2010). En Bulletin du Cercle d'Études Numismatiques. 47/2. Páxinas 272-273. Gautier, G. (2010). "Pierre Bastien (1912-2010) ". En Compte rendu. 57. International Numismatic Council. Páxinas 58-60. Gautier, G. (2011). "Pierre Bastien (9 mars 1912 - 13 mai 2010)". En Revue numismatique. 6ª serie. 167. Páxinas 7-14. Gautier, G. (2014). "Pierre Bastien (1912-2010), 'le savant et l’humaniste'". En Revue numismatique. 6ª serie. Páxinas 17-19
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en Lille Categoría:Finados en 2014 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática